Esta "hibernación" obrigatoria puxo en marcha incontables iniciativas culturais que iremos amosando nas nosas bitácoras. Autoras-es, ilustradoras-es, narradoras-es orais, editoras, e cada un dos elos da creación literaria ofrecen a lectoras-es e espectadoras-es a súa arte para que non queden baleiras as nosas despensas culturais. Vai quedando menos para que volvamos a encher bibliotecas e teatros!
Hoxe presentamos as suxestións de Rinoceronte. A editora de Cangas ten un Rinoplan de contixencia para estes días. Hai uns anos publicaron un sabedor libro de Karel Čapek, o que se di que foi o inventor da palabra robot, seica por iso, no seu sepulcro, quen o visita soe deixarlle... un robot. Libro para amantes da xardinería, titulado O ano do xardineiro, na voz do dramaturgo, actor e director de escena Santiago Cortegoso.
Non agardes atopar neste libro unha guía de consellos prácticos sobre flores e plantas. Máis ben fala , con moito sentido do humor, da obsesión dalgunhas persoas polo seu xardín...
Outra proposta do Rinoplan é O Parnaso sobre rodas, de Christopher Morley, traducido por Estela Villar. Grazas polas vosas propostas, Rinocerontes!
No hay comentarios:
Publicar un comentario