Pasaremos uns días sen vernos. Agardamos que poucos. Durante ese tempo daremos a coñecer libros, músicas, películas e recursos chulos accesibles a través de Internet, abriremos portas e fiestras virtuais á imaxinación e deixaremos que se coe nas nosas casas a beleza da creación literaria, artística, etc. Coidémonos e vémonos axiña!!!
Abrimos unha primeira ventá á Pandemia de contos. Preciosa iniciativa do Colectivo NOGA (Narración Oral Galega) para levar mellor o #euquedonacasa. Aí vai, Sabes contar ata cero? de Avelino González.
No hay comentarios:
Publicar un comentario