Un usuario das nosas Bibliotecas Municipais envíanos a ligazón a este poema de Wislawa Szymborska (1923 - 2012), gañadora do Nobel de Literatura en 1996. Neste poema xoga cos números, coas probabilidades e tendencias dunha curiosa e persoal estatística humana.
O poema leva por título 'Contribución a la estadística' e está recitado por Tonino, cómico, xornalista e escritor. Szymborska ten outro poema no que chisca un ollo ás matemáticas, adicado ao número π (pi).
Tes unha suxestión de lectura da escritora polaca na nosa sección de Recomendacións en Radioleiros. Máis poemas recitados para o #euquedonacasa en Poética 2 Punto Cero.
No hay comentarios:
Publicar un comentario