Teremos un encontro científico con Carlos Agrasar Cruz, licenciado en medicina e cirurxía, doutor en Educación Física e profesor de Anatomía da Universidade da Coruña, titulado “Ti podes salvar unha vida: aprendemos a RCP".
Segundo o artigo “Aplicación de la técnica básica de reanimación cardiopulmonar (RCP)” do doutor Carlos Agrasar Cruz, as enfermidades cardiovasculares son as responsables da maior taxa de mortalidade dos países desenvolvidos. Aproximadamente unha terceira parte destas mortes son causadas por este grupo de enfermidades. Expón que o verdadeiro problema formúlase fóra do hospital, polo que considera que é importante que a poboación teña unha formación axeitada para afrontar estes problemas, por isto vaise levar a cabo esta charla, para que as persoas que asistan podan ver, dunha maneira sinxela e dirixido a un público infantil e xuvenil, como se podería realizar unha reanimación cardiopulmonar.
Seleccionamos para ti libros e dvd para esta charla científica
Nota importante: durante a celebración da actividade interrumpiráse o servizo de ordenadores e internet do 2º andar da biblioteca. Pregamos desculpen as molestias.

No hay comentarios:
Publicar un comentario