19/3/14

Anxos Sumai no Mes do “Movemento para ler libros escritos por mulleres” na Biblioteca de Santa Cruz


Escritora e tradutora galega que traballa de bibliotecaria e documentalista no Consello de Cultura Galega. Nos anos oitenta e noventa colaborou en distintas publicacións periódicas e libros colectivos, realizou guións para cómics e escribiu letras de cancións. Obtivo o premio Novos Valores da Narrativa Galega (1985) e o segundo premio no concurso Modesto R. Figueiredo de Narración Curta (1986).

Desde o ano 2001 desenvolve a súa actividade literaria no portal www.culturagalega.org, coas seccións "Anxos e diaños" (2002), "Anxos da garda" (2003-2005) e "Crítica da memoria pura" (2006). Colaborou na Guía dos Libros Novos coa sección fixa "Hemisferio Oeste" (2003-2004) e durante o ano 2006 foi colaboradora literaria semanal do programa Diario Cultural da Radio Galega. Entre os traballos de tradución salientan os Diarios de Syra Alonso e Tres tempos e a esperanza de Mariví Villaverde.

En 2004 recibiu o Premio da Crítica de Galicia pola obra Anxos da garda. En abril de 2007 o Premio Roberto Blanco Torres de Xornalismo literario e de Opinión pola sección "Perigosamentes normais" do Diario Cultural da Radio Galega.

En 2007 recibiu o II Premio de Narrativa Breve Repsol YPF pola obra Así nacen as baleas, publicada por Editorial Galaxia e o Premio Arcebispo San Clemente. Tamén publicou Melodía de días usados. Gañadora do Premio á Mellor autora do ano pola Asociación Galega de Editores en 2007. No ano 2013 gañou o Premio García Barros de novela pola súa obra A lúa da colleita.

Obras de Anxos Sumai nas Bibliotecas de Oleiros:
na Revista
- Así nacen as baleas
- A lúa na colleita
- Anxos de garda
- Cociñando ao pé da letra 
- Melodía de días usados

Como tradutora:
- Diarios: Syra Alonso
- Pola liberdade: a loita antifranquista de Luis Costa

Información extraída da web do Centro de Documentación da AELG

https://www.youtube.com/watch?v=pdgmij3Mmq0Outras fontes:
- Presentación de "A lúa da colleita".
- Anxos de garda
- Anxos ou diaños?
- Crítica da memoria pura
Videoteca da AELG:

No hay comentarios:

Publicar un comentario