Rosa Montero (Madrid, 1951) estudou xornalismo e psicoloxía. Colaborou con grupos de teatro independente, á vez que empezaba a publicar en diversos medios informativos (Fotogramas, Pueblo, Posible).
Desde 1976 traballa para o xornal El País, no que foi redactora xefa do suplemento dominical durante 1980-1981.
Desde 1976 traballa para o xornal El País, no que foi redactora xefa do suplemento dominical durante 1980-1981.
En 1978 gañou o Premio “Manuel del Arco” de Entrevistas, en 1980 o Premio Nacional de Periodismo para reportaxes e artigos literarios e en 2005 o Premio da Asociación de la Prensa de Madrid a toda unha vida profesional.
Ten publicado as novelas: Crónica del desamor (1979), La función delta (1981), Te trataré como a una reina (1983), Amado amo (1988), Temblor (1990), Bella y oscura (1993), La hija del caníbal ( Premio Primavera de Novela en 1997), El corazón del tártaro (2001), La loca de la casa (2003), Premio Qué Leer 2004 ao mellor libro do ano, Premio Grinzane Cavour ao mellor libro estranxeiro publicado en Italia en 2005 e Premio “Roman Primeur” 2006 (Francia); Historia del rey transparente (2005), Premio Qué Leer 2005 ao mellor libro do ano, e Premio Mandarache 2007; Instrucciones para salvar el mundo (2008), Lágrimas en la lluvia (2011) e recentemente La ridícula idea de no volver a verte (2013).
Tamén publicou o libro de relatos Amantes y enemigos, Premio Círculo de Críticos de Chile 1999, e dous ensaios biográficos, Historias de mujeres y Pasiones,e ultimamente colaborou no libro Dictadoras, así como contos para nenos e recompilacións de entrevistas e artigos.
A súa obra está traducida a máis de vinte idiomas e é Doutora Honoris Causa pola Universidade de Puerto Rico.
Libros de Rosa Montero en Bibloleiros que podes levar en préstamo:
Notas e fotografía tomadas a partir de clubcultura.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario