21/3/14

A Rosalía + musical para celebrar o Día Mundial da Poesía: 21 de marzo

O 21 de marzo é día de moitas conmemoracións: Día Internacional da Eliminación da Discriminación Racial, Día Forestal Mundial, festa do Novruz que sinala o comezo do ano novo en moitos países de Asia, etc.
Tamén o Día da Poesía. Na Biblioteca Central Rialeda, neste 2014 queremos celebrar o Día da Poesía ofrecendo aos/ás nosos/as usuarios/as a Rosalía + musical. A escritora máis representativa da lingua e literatura galegas é o manancial inspirador de moitos/as credores/as. Artistas plásticos, escritores/as, investigadores/as e por suposto, compositores/as, cantantes, grupos musicais e /ou solistas renden homenaxe, cada quen no seu xeito, á universal poeta galega. Eis os máis variados estilos, ritmos, tendencias e influencias ao servizo da poesía. Gózaa sen présa, detén o tempo nun verso de Rosalía.
Músicas de inspiración rosaliana que podes levar para casa:
"A rosa d'Adina", "Nas tardes escuras", "Na lingua que eu falo", "Rosalía pequeniña", "Cantares galegos", "Rosalía siempre", "Orvallo", "Rapoemas", "Os ollos que falan: Rosalía de Castro: once cantares galegos"
http://www.un.org/es/events/poetryday/

Cada ano, o 21 de marzo, a UNESCO celebra o Día Mundial da Poesía e invítanos a reflexionar sobre o poder da linguaxe poética e o florecemento das capacidades creadoras de cada persoa. De acordo coa decisión da UNESCO, o principal obxectivo desta acción é apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética e dar a oportunidade ás linguas ameazadas de ser un vehículo de comunicación artística nas súas comunidades respectivas.

Para conmemorar este día, a Biblioteca Central Rialeda agasallará cunha obra de poesía para adultos/as ás persoas que leven algún fondo bibliográfico en préstamo.


Invitámosche a contemplar no vestíbulo a mostra bibliográfica “Rosalía é mundial”.
Ofrecemos esta mostra bibliográfica cunha escolma da obra da insigne escritora galega Rosalía de Castro. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario