10/3/14

Adela Turin no Mes do "Movemento para ler libros escritos por mulleres" na Biblioteca de Santa Cruz

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/2014/03/mes-do-movemento-para-ler-libros.html
http://www.disquecool.com/2014/01/30/readwomen2014-un-movemento-para-ler-libros-escritos-por-mulleres/Adela Turin (Italia, 1939) e o seu movemento “Dalla parte delle bambine” = “A favor das nenas”.
Pioneira na investigación da Literatura Infantil e Xuvenil dende unha perspectiva de xénero, Adela Turin leva máis de tres décadas traballando para erradicar as actitudes sexistas e discriminatorias dos libros dirixidos á infancia. Historiadora da arte e escritora, afincada en Francia, é unha das persoas que nos anos 60-70 acaso máis contribuíu á reflexión e á análise dos sesgos sexistas na literatura infantil. Formou parte, en Milán, do grupo Rivolta, vinculado ao movemento feminista. Co obxectivo de combatir a discriminación de xénero desde o ámbito da familia patriarcal, decidiu crear a colección “Dalla parte delle bambine” (“A favor das nenas”) que, entre 1975 e 1980, publicou máis dunha veintena de títulos. Non podemos esquecer a Nella Bosnia, ilustradora de moitos dos seus contos.

Máis tarde Adela Turin, trasládase a París onde, con Silvie Cromer,  funda a asociación “Du côte des filles”, creada en 1994, co obxectivo de establecer un programa para eliminar o sexismo no material educativo, promover representacións antisexistas na educación, producir e difundir ferramentas de sensibilización para as editoriais, as creadoras e creadores, os fabricantes de xogos e xoguetes, os usuarios e usuarias e os poderes públicos. Todos os libros escritos por Adela Turin nos 60-70 conservan a frescura e actualidade na defensa dunha educación máis igualitaria para nenas e nenos, mulleres e homes, en pleno século XXI.
Contos que podes atopar no Sistema de Bibliotecas do Concello de Oleiros:
"Artur e Clementina", "Arturo y Clementina", "A historia dos bonobos con lentes", "Historia de los bonobos con gafas", "Planeta Mary año 35: (2019 de la era cristiana)", "Los gigantes orejudos""Violeta querida: Minidrama de nuestros tiempos difíciles", "El jardinero astrólogo", "Rosa caramelo", "Una feliz catástrofe", "La herencia del hada ", "Cañones y manzanas", "La chaqueta remendada", "La mano de Milena", "Por una igualdad de sexos a través de la literatura infantil"
Ligazóns que visitar :
http://medull.webs.ull.es/actividades/conferencia_adela_turin/informacion.pdf
http://www.kalandraka.com/ga/autores/detalle/ficha/turin/
http://www.educacionenvalores.org/_Adela-Turin_.html
Vínculo a un fragmento do conto "Arturo y Clementina" :
http://issuu.com/kalandraka.com/docs/arturo-y-clementina_c/1?e=0

No hay comentarios:

Publicar un comentario