- Infantil:
"Los zancos rojos" escrita e ilustrada por Éric Puybaret, en Edelvives
Marespuma é unha cidade edificada sobre a auga. Os seus habitantes para camiñar sen mollarse utilizan zancos. Os que se desenvolven ben neles chegan á altura das farolas, os outros rozan a superficie da auga. De todos, destacan os zancos de Leopoldo, que foran tallados en madeira dun álamo vermello, a árbore máis alta e sólida do país. Grazas a eses zancos tan altos camiñaba sobre os tellados, por encima de todos os demais habitantes. A súa única amiga era unha pega pouco faladora, pero el era feliz así.
Un día todos os habitantes estaban realizando os preparativos para a gran festa, que se celebraba unha vez ao ano, na noite máis longa do inverno, pero aconteceulles un problema...
Un libro moi ben editado, cunhas fermosas ilustracións e un texto excelente no que o autor nos fala da soidade, da necesidade da sociabilidade, de colaborar cos demais e de compartir.
Recomendámolo para todos os nenos e nenas a partir de 6 anos.
- Mozos/as e adultos/as:
"A lúa da colleita" de Anxos Sumai, editado por Galaxia.
XXV Premio García Barros de novela
"Los zancos rojos" escrita e ilustrada por Éric Puybaret, en Edelvives
Un magnífico álbum ilustrado, de gran formato, que nos fala da importancia da solidariedade e da colaboración entre as persoas.
Marespuma é unha cidade edificada sobre a auga. Os seus habitantes para camiñar sen mollarse utilizan zancos. Os que se desenvolven ben neles chegan á altura das farolas, os outros rozan a superficie da auga. De todos, destacan os zancos de Leopoldo, que foran tallados en madeira dun álamo vermello, a árbore máis alta e sólida do país. Grazas a eses zancos tan altos camiñaba sobre os tellados, por encima de todos os demais habitantes. A súa única amiga era unha pega pouco faladora, pero el era feliz así.
Un día todos os habitantes estaban realizando os preparativos para a gran festa, que se celebraba unha vez ao ano, na noite máis longa do inverno, pero aconteceulles un problema...
Un libro moi ben editado, cunhas fermosas ilustracións e un texto excelente no que o autor nos fala da soidade, da necesidade da sociabilidade, de colaborar cos demais e de compartir.
Recomendámolo para todos os nenos e nenas a partir de 6 anos.
- Mozos/as e adultos/as:
"A lúa da colleita" de Anxos Sumai, editado por Galaxia.
XXV Premio García Barros de novela
Unha obra que trata sobre a identidade e a maneira de percibir a realidade de cada persoa.
Estamos
en agosto de 1992, a historia transcorre nun apartamento dunha praia da
Ría de
Arousa, no que a protagonista, Nuria, unha muller duns 30 anos,
decidiu (dunha maneira precipitada) pasar as vacacións para lembrar o
tempo da súa primeira mocidade. Chega sen equipaxe, o que precise irao
mercando. Estaba cansa de viaxar case cada semana de Madrid a Lisboa,
de espertar uns días no pequeno piso madrileño e outros na pensión
portuguesa. Necesitaba descansar, parar e pensar, pero vaise atopar con
revelacións que a farán sufrir, con feitos que non lembra e con
persoas que a recoñecen, dubidará de si mesma e reencontrarase co seu
pasado.
É unha novela que ten ao lector en tensión, que causa
desasosego de si o que está a acontecer é real ou non. A protagonista
regresa a un lugar no que aconteceu algo, pero que ela non lembra e
precisa saber se é verdade ou non.
Recomendacións feitas no programa
semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en
Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario