Luísa Villalta Gómez naceu n'A Coruña no ano 1957. Estudou na Universidade de Santiago de Compostela e alí licenciouse en Filoloxía Hispánica e en Filoloxía Galego-Portuguesa. Dedicou parte da súa vida profesional á docencia da Lingua e Literatura Galegas no ensino secundario. Era tamén titulada superior en violín, ou violino (como ela lle chamaba sempre a este instrumento). Formou parte da Xove Orquestra de Galicia e da Orquestra de Santiago de Compostela.
Foi unha escritora prolífica e versátil, autora de poesía, narrativa, ensaios, pezas dramáticas e textos xornalísticos en lingua galega. A súa escrita foi premiada varias veces: no certame de relatos curtos Modesto R. Figueirido (1990), por A taberna do holandés; co XIII Premio Espiral Maior (2004), polo seu poemario En concreto; postumamente, co Premio da Crítica Galega á Creación Literaria (2005) tamén por En concreto, etc.
A súa experiencia musical, sen dúbida, influíu na súa creación literaria. Diso deixou constancia no ensaio O outro lado da música, a poesía (1999) e en artigos como A Música e Nós (2002), Poética sobre un certo estado de conciencia (2002) ou A língua dos sons (2003), onde fala da relación entre a palabra e a música e da súa experiencia persoal nos momentos de creación.
Paralelamente á súa traxectoria como autora, desenvolveu unha intensa actividade cultural. Participou en seminarios, en recitais de poesía, deu conferencias e colaborou nunha chea de publicacións periódicas, como Man Común, A Nosa Terra, Festa da Palabra Silenciada, Tempos Novos, Grial, Luzes de Galiza, Agália, Boletín Galego de Literatura, A Trabe de Ouro, Enclave, Página abierta, etc. En moitas destas colaboracións podemos percibir a personalidade de Luísa Villalta e a súa consciencia social, de modo particular nos artigos publicados entre os anos 2002 e 2004 en A Nosa Terra, compilados no Libro das colunas.
Formou parte da directiva da Asociación de Escritores en Lingua Galega, coordinou a área de revisión histórica e análise crítica da cultura no Foro da Cultura Galega, participou no Foro Negro, foi membro activo da Mesa pola Normalización Lingüística e comprometeuse en favor dos dereitos lingüísticos do pobo galego. Na súa obra tamén estivo presente a consciencia de ser muller, de vivir nunha sociedade onde os homes e as mulleres están marcados de maneira moi diferente polo feito de selo. A morte chegou para Luísa Villalta dun modo inesperado, o 6 de marzo de 2004. Tiña unha vida chea de ocupacións, proxectos e esperanzas.
Desde o momento da súa morte sucedéronse iniciativas que lembran o seu nome e o seu labor: desde o ano 2004 no I.E.S. Isaac Díaz Pardo de Sada (onde ela foi profesora) convócase anualmente o Certame Literario “Luísa Villalta”; igualmente desde 2004, no contexto da comunidade universitaria convócase o Premio “Luísa Villalta” a Iniciativas Normalizadoras, para a promoción do uso do galego nas tres universidades galegas.
Obras de Luisa Villalta en Bibloleiros que podes levar en préstamo:
"O Don Hamlet de Cunqueiro", "Música reservada", "Ruído", "Teoría de xogos", "As chaves do tempo", "En concreto", "O outro lado da música, a poesía: relación entre ambas artes na historia da literatura galega", "Libro das colunas".
Enlace ao documental: "Luísa Villalta: paixón e compromiso", sobre a poeta galega e profesora do IES Isaac Díaz Pardo de Sada, realizado por “Gallaecia Filmes”, produtora de audiovisuais do instituto:
http://youtu.be/-9VGSdsO-ww
Información tomada da web culturagalega.org

No hay comentarios:
Publicar un comentario