30/12/16

Recomendacións en Radioleiros: 30 decembro 2016

http://www.ipernity.com/doc/284673/44123956/in/album/863040
http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=kw&q=&idx=ti&q=cuerdas&idx=au%2Cwrdl&q=pedro+sol%C3%ADs&limit-yr=&limit=&limit=&multibranchlimit=OLE&sort_by=relevance&do=Busqueda- Infantil (de 6 a 8 anos):
"Cuerdas" de Pedro Solís. Editado por Nilo.
Baseada na curtametraxe de animación gañadora dun Goya en 2014. Dirixida por Pedro Solís. Conta a historia de María e Nico, compañeiros de clase. Ela é unha rapaza soñadora, vivaracha e alegre, el é un rapaz con parálise cerebral. El non se pode mover nin  falar, así que María argalla un sistema de cordas para poder xogar xuntos.
Un fermoso conto sobre a solidariedade, que fala de valores e ilusións, todo visto a través dos ollos inocentes dunha nena pequena.
 
http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1100636

- Mozas-os e adultas-os:
"Lourenço, Xograr" de Manuel Portas. En Galaxia.
A obra coa que Manuel Portas gañou o Premio García Barros 2015 narra a imaxinada vida de Lourenço, xograr portugués do século XIII, co fondo histórico da Baixa Idade Media. O libro está dividido en dúas partes; na primeira, ao máis estilo da novela picaresca, preséntase a un Lourenço adolescente e namoradizo que marcha cara terras galegas facendo de xograr do trobador João García de Gilhade. Viaxarán ata Compostela, presentando a través dos ollos do rapaz a vida cotiá da Galicia medieval. A segunda parte
rompe totalmente coa estrutura da primeira. Dáse paso a unha polifonía de voces narradoras: Lourenço, o mestre Ferreiro, María Balteira, o propio rei Afonso X, etc, van dando testemuño do protagonista, de si mesmos e da sociedade na que viven.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

27/12/16

Nadal 2016: calendario das bibliotecas

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/2016/12/nadal-2016-calendario-das-bibliotecas.html
Queremos informar aos nosos usuarios e usuarias do calendario no que as Bibliotecas Municipais de Oleiros non abrirán ao público durante os meses de decembro de 2016 e xaneiro de 2017 polas festas de Nadal e Reis.
Aproveitamos para transmitir os nosos mellores desexos de saúde, felicidade e prosperidade; que o vindeiro ano traia boas novas e un mundo de ilusións e proxectos convertidos en realidades.
Biblioteca Central Rialeda: pechará os días 31 de decembro e 7 de xaneiro.
Biblioteca Municipal Rosalía de Castro. Santa Cruz: pechará o día 7 de xaneiro.
Biblioteca Municipal Mª José Trincado. Mera: pechará o día 5 de xaneiro.
Biblioteca Municipal Xograr Mendiño. Lorbé:
Pechará:
Os días 29 e 30 de decembro.
Do 2 ao 5 de xaneiro.
O 9 de xaneiro.

As seguintes bibliotecas abrirán todos os días:
Biblioteca Municipal Mª José Ruso. Dorneda
Biblioteca Municipal Ánxel Fole. Nós
Biblioteca Municipal Manuel María. Oleiros

Desculpen as molestias. Felices Festas!

23/12/16

"Compartindo lecturas": guías para o nadal 2016

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=36737&name=DLFE-25291.pdfhttp://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=36737&name=DLFE-25292.pdf Eis as 4 guías con suxestións para este nadal, que fan sorrir, reflexionar ou emocionar. 
Queremos ofrecer ideas para o Apalpador, Papá Noel e os Magos de Oriente.
Cada unha diríxese a un grupo de idade.
 

Son libros e audiovisuais que hai nas Bibliotecas Municipais e que se poden levar en préstamo para as vosas casas. Animamos a que as visitedes, utilicedes o servizo de préstamo e gocedes coa lectura.
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=36737&name=DLFE-25290.pdf
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=36737&name=DLFE-25289.pdfDescarga as guías premendo sobre as imaxes.
 

Cos bos libros e audiovisuais destas guías, desde as Bibliotecas Municipais de Oleiros desexamos transmitir os nosos mellores desexos de saúde, felicidade e prosperidade.  

Que o vindeiro 2017 traia boas novas e un mundo de ilusións convertidas en realidade!!!

Recomendacións en Radioleiros: 23 decembro 2016

http://www.ipernity.com/doc/284673/44045776/in/album/863040
 http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1216297&query_desc=au%2Cwrdl%3A%20calders%20and%20pb%2Cwrdl%3A%20kalandraka- Infantil (nenas e nenos  a partir de 6 anos):
"Cepillo" texto de Pere Calders e ilustracións de Carme Solé Vendrell, editado por Kalandraka.
O conto comeza o día que o pequeno da familia Sala perde ao seu amigo inseparable, o can Turco. Triste por este feito, o neno intenta atopar algo co que encher o baleiro que quedou no seu corazón. Este xogo rápidamente convértese nun motor capaz de xerar fantasía, unha fantasía que será un auténtico refuxio para superar a tristeza e a angustia que lle deixou a ausencia de Turco.
 
 http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=kw&q=&idx=au%2Cwrdl&q=McEwan&idx=ti&q=ley+del+menor&limit-yr=&limit=&limit=&multibranchlimit=OLE&sort_by=relevance&do=Busqueda- Mozas-os e adultas-os:
"La ley del menor" de Ian McEwan, en Anagrama.
Afeita a avaliar as vidas dos demáis nas súas encrucilladas máis complexas, Fiona Maye atópase con que a súa propia existencia non supón o saldo que desexaría: a súa irreprochable traxectoria como xuíza do Tribunal Superior, especializada en dereito de familia, arrinconou a idea de formar unha propia. Nese momento a Fiona encárganlle o caso
de Adam Henry, un adolescente, testemuña de Jeová, que rexeita a transfusión de sangue que lle salvaría a vida. Pero Adam aínda non cumpríu os dezaoito anos, e o seu futuro non está nas súas mans, senón nas do tribunal que Fiona preside. Esta debe decidir segundo a lei do menor.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

16/12/16

Contacontos de Nadal na Biblioteca de Santa Cruz: 20 de decembro

 http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-25270.pdfEste Nadal poderás gozar de dúas sesións de Contos de Nadal na Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz. A cita é o martes 20 de decembro, a cargo de Soledad Felloza.

Haberá dúas sesións:
- Ás 18:00 h. sesión para nenas e nenos de 1 a 3 anos (para esta sesión o aforo está limitado. É imprescindible reservar praza na Biblioteca de Santa Cruz ou chamando por teléfono ao 981 626 338)

- Ás 18:30 h. sesión para nenas e nenos de 4 a 8 anos.

Contos de Nadal é o pasaporte para viaxar a un tempo máxico de fantasía e imaxinación e soñar cos momentos especiais destas festas tradicionais.
 
ESPERÁMOSTE!!
BO NADAL e FELICES FESTAS a todas/os!!

Tertulia literaria en Rialeda: 21 decembro 2016 (Grupo A)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-25272.pdfBiblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
18 a 20 h. ATENCIÓN CAMBIO DE HORA!!!

Comentario de "O coitelo en novembro" de Marilar Aleixandre
Documentación

Nesta sesión contaremos coa presenza da profesora e catedrática de lingua e literatura galega Rosa García Vilariño.

A seguinte obra programada é "Canadá" de Richard Ford

Esta é a última sesión do 1º trimestre. A vindeira sesión, xa correspondente ao 2º trimestre, terá lugar o 18 de xaneiro de 2017.

Desexamos ás/aos participantes un feliz Nadal e venturoso ano 2017!

Recomendacións en Radioleiros: 16 decembro 2016

http://www.ipernity.com/doc/284673/44009672/in/album/863040
  http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1216294- Infantil-xuvenil (a partir de 12 anos):
"Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta" de Ledicia Costas. Editado por Xerais.
A autora que recibiu o premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil por “Escarlatina, a cociñeira defunta” preséntanos agora esta fermosa e emocionante novela que une o xénero de aventuras e o fantástico e na que tamén intervén a maxia.
Partindo de datos históricos, mestura personaxes reais como o escritor Jules Verne e o empresario vigués Sanjurjo Badía, con outros de ficción. Historia con fantasía, sen esquecerse de lendas da zona como da presenza do Nautilus en Vigo ou os tesouros ocultos en Rande.
En Maio de 1884 Jules Verne chegou a Vigo e contactou con dúas mulleres nunha botica. O escritor chega á cidade porque está seguindo o rastro das misteriosas mulleres planta. El quere coñecer todo sobre as mulleres planta e elas necesitan a axuda dos seus inventos para poder sobrevivir. O boticario Philipot, a súa muller Melisa e a súa neta Violeta gardan un importante segredo que consideran único, por iso cando lle encargan un bálsamo de naurilium e menta faino sospeitar que o seu segredo xa non o é tanto...
Unha magnífica novela xuvenil, homenaxe ás novelas de aventuras e unha excelente maneira de achegarse á obra do escritor Julio Verne.

- Mozas-os e adultas-os:
"El libro y la hermandad" de Iris Murdoch. En Impedimenta.
Finalista do Booker Prize.
Unha novela coral, dividida en tres partes, que nos fala dos deterioros que pode causar o paso do tempo nos desexos e aspiracións individuais e nas antigas relacións entre amig@s e antig@s compañeir@s de universidade.
Unha obra (que require unha lectura pausada) que nos presenta as relacións entre un grupo de amigos/as que estudaron na Universidade de Oxford. Comeza cun baile conmemorativo
 http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1206658&query_desc=ti%2Cwrdl%3A%20libro%20y%20la%20hermandad que organizaron para volver a verse todos/as, pero no que empezan os problemas ao asistir David Crimond, un pensador marxista ao que eles/as financian para que poda acabar de escribir un libro que leva tempo con el, pero que ninguén puido ler e que nin sequera están seguros/as da súa existencia.
Vemos personaxes como Gulliver que está contento por pertencer ao “comité do libro”  pero que se sente minusvalorado; a infeliz Tamar; o eterno amor de Rose por Gerard que é homosexual; ou Jean, casada con Duncan, pero namorada de Crimond...
Unha historia sobre o amor e a amizade, pero tamén sobre como van cambiando as lealdades segundo pasan os anos.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

13/12/16

Tertulia literaria en Rialeda: 14 decembro 2016 (Grupo B)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=36737&name=DLFE-25244.pdfBiblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
17,30 a 19,30 h.

Comentario de "Las reputaciones" de Juan Gabriel Vásquez
Documentación

A seguinte obra programada é "Soy Pilgrim" de Terry Hayes

Esta é a última sesión do 1º trimestre. A vindeira sesión, xa correspondente ao 2º trimestre, terá lugar o 11 de xaneiro de 2017.

Desexamos ás/aos participantes un feliz Nadal e venturoso ano 2017!

12/12/16

Tertulia literaria en Santa Cruz: 12 decembro 2016

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.elcultural.com/noticias/letras/David-Foenkinos-loco-por-Charlotte/7702Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro"
18 a 19,30 h.

Comentario de "Charlotte" de David Foenkinos

A seguinte obra programada é "Non hai noite tan longa" de Agustín Fernández Paz

Esta é a última sesión do 1º trimestre. A vindeira sesión, xa correspondente ao 2º trimestre, terá lugar o 16 de xaneiro de 2017.

Desexamos ás/aos participantes un feliz Nadal e venturoso ano 2017!

9/12/16

Recomendacións en Radioleiros: 9 decembro 2016

http://www.ipernity.com/doc/284673/43995604/in/album/863040
http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=951739- Infantil (nenas-os de 6 a 8 anos):
"Super Patata", guión e debuxos de Artur Laperla. Editado por Bang.
O doutor Malévolo converteu a Supermax, o defensor da xustiza, nunha pataca e ameaza con seguir transformando en tubérculo a todos os que lle leven a contraria. Co que non contaba é que Supermax non é unha pataca calquera. Unha mestura da banda deseñada clásica e a futurista, con cores moi marcadas. Aposta da editorial barcelonesa Bang por unha serie de banda deseñada para nenas e nenos de máis de seis anos.

- Mozas-os e adultas-os:
"Colmeiro por si mesmo" de Xosé Antón Castro e Carlos G. Reigosa. En Xerais.
Tres conversas co artista a finais da década de 1980 por Xosé Antón Castro e Carlos G. Reigosa dan as claves para entender a vida e obra dunha das figuras da renovación da arte galega xunto con Maside, Laxeiro, Torres e outros. Unha fusión da tradición coas vangardas
http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1084225 nun libro apoiado cunha antoloxía das súas obras e un apéndice fotográfico.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Eduardo Mendoza: Premio Cervantes 2016

https://youtu.be/_CO1Fug6jw0
A Biblioteca Municipal Rosalía de Castro de Santa Cruz, a Biblioteca Central Rialeda de Perillo e a Biblioteca Municipal Mª José Ruso de Dorneda adican senllas exposicións bibliográficas ao escritor Eduardo Mendoza, galardonado co Premio Cervantes 2016, outorgado polo Ministerio de Educación, Cultura y Deporte.
 

Eduardo Mendoza (Barcelona, 1943) iniciou a súa carreira literaria en 1975, coa publicación  de “La verdad sobre el caso Savolta”, que recibiu o Premio da Crítica. Desde entón publicou 15 novelas, dous libros de relatos, dúas obras de teatro e catro ensaios. O xurado, segundo recolle a acta, outorgoulle o premio, porque, "coa publicación  da súa primeira novela  inaugura unha nova etapa da narrativa española na que se devolveu ao lector o goce polo relato e o interese pola historia que se conta, que mantivo ao longo da súa brillantehttp://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas/biblio/rosalia-castro-sta-cruz carreira como novelista".

O premio Cervantes coroa a lista de galardóns á súa obra, que inclúe o Planeta, recibido en 2010 por “Riña de Gatos”, e o José Manuel Lara por “Mauricio o las elecciones primarias”, en 2007.
A súa consagración chegou en 1986 con “La ciudad de los prodigios”, unha novela que mostra a evolución social e urbana de Barcelona entre as exposicións universais de 1988 e 1929.
Mendoza alcanzou un gran éxito de vendas coa serie protagonizada por un peculiar detective ingresado nun manicomio (“El misterio de la cripta embrujada”, “La aventura del tocador de señoras”) que mestura a parodia co xénero policiaco. A súa última obra “El secreto de la modelo extraviada", é a quinta entrega da serie.

Sen esquecernos do simpático extraterrestre que pasea polas Ramblas barcelonesas de "Sin noticias de Gurb". O flamante premio Cervantes é un amante declarado das historias para teatro e cine.
Parabéns Eduardo!!!

2/12/16

Recomendacións en Radioleiros: 2 decembro 2016

http://www.ipernity.com/doc/284673/43954750/in/album/863040
  http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=ti&q=incre%C3%ADble+historia+de+bocadillos+de+rata&branch_group_limit=multibranchlimit-OLE- Infantil (nenas-os maiores de 11 anos):
"La increíble historia de… Los bocadillos de rata" de David Walliams; ilustracións de Tony Ross, en Montena.
Zoe a protagonista, ten unha vida relativamente azarosa e complicada, pero sen embargo, nin o pouco carácter do pai nin a súa repentina afección a pasar o día no bar desde que a empresa de xeados onde traballaba pechara, nin os desaires da súa madrasta Sheila, unha muller tremendamente preguiceira e suxa, nin a teima da súa veciña Tina que a ten tomada con ela na escola, poden acabar co optimismo de Zoe que nunca perde de vista os seus soños e que non dubidará en vivir emocionantes e arriscadas aventuras con tal de que o seu bebé-rata Armitage non acabe nas gadoupas do terrible Burt, o encargado de Hamburguesas Burt e a súa terrible máquina de facer hamburguesas. 
 http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1210497
- Mozas-os e adultas-os:
"A dúbida" de María Reimóndez, editado por Xerais.
O día comenza para Deli coa detención do seu home acusado dun presunto delicto de abusos sexuais a menores. A partir deste momento a protagonista debátese ante o conflito que lle provoca a culpabilidade ou non do seu home e o saber se realmente coñecía a persoa con quen casou. No relato non faltan as artimañas xudiciais, as vinganzas políticas, nin a corrupción, cuestións ben de actualidade; a diferenza é que na novela faise xustiza.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

1/12/16

“Mientras hilan las mariposas” de Silvia Salgado: presentación do libro na Biblioteca de Santa Cruz

 http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1226064&query_desc=ti%2Cwrdl%3A%20mientras%20hilan%20las%20mariposas
Día: Xoves 1 de decembro
Hora: 19:00
Lugar: Biblioteca Municipal Rosalía de Castro de Santa Cruz


Unha obra emocionante que retrata a alma feminina.
“A celebración do 40 aniversario de Isabel reúne en Londres a catro amigas da infancia, o que lles permite poñerse ao corrente das súas vidas. O seu reencontro pasa revista a moitas cousas: o peso da familia, o amor, o frenético ritmo de vida, a maternidade, o traballo. Son tan felices como cren? Un acontecemento inesperado na vida dunha delas, obrígaas a poñer o freo de man na súa rutina e a tomar decisións que definitivamente cambiarán as súas vidas”.
"Mientras hilan las mariposas" é unha novela deliciosa, moitas veces divertida, a intres dramática, que non poderás deixar de ler e que se quedará contigo para sempre.

Silvia Salgado naceu en Badalona (Barcelona), pero actualmente vive en Mera (Oleiros). 

Éhttps://www.facebook.com/Tulipanes-de-fresa-831115960312982/?ref=page_internal licenciada en Ciencias Políticas e da Administración pola Universitat Autònoma de Barcelona e Máster en Xornalismo pola Universitat de Barcelona e a Columbia University de Nova York.
Os seus primeiros pasos profesionais dáos en Onda Rambla Barcelona, pero a súa carreira laboral desenvólvese nos departamentos de Comunicación e Recursos Humanos dunha importante entidade financeira.
Nos últimos anos, residiu en Bos Aires e tamén en Valdepeñas. É na cidade manchega onde aproveita a súa excedencia maternal para retomar a súa verdadeira vocación: a escritura.
Impulsora do clube de lectura “Macondo”, impartiu obradoiros de escritura creativa.
En 2013 publica, xunto ao ilustrador Enrique Tortosa, o conto infantil: Cóntame un conto, ¡eu píntocho!
Ese mesmo ano inicia, cun éxito inesperado, a súa andadura pola blogosfera co blog “El tunel del hada”, que chegou a rexistrar máis de 100.000 visitas.
Na actualidade, bloguea con éxito en “Tulipanes de fresa”, onde cunha linguaxe moi particular que os seus seguidores xa identifican,  recomenda  as súas lecturas. Este blog recibe a día de hoxe máis de 4000 visitas mensuais.
"Mientras hilan las mariposas" é a súa primeira novela.

Invitamos a todas as persoas que desexen asistir!!!
   

100% Roald Dahl: expo de libros e pelis en Rialeda

http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=au&q=dahl%2C+roald&limit=branch%3AOLE1&multibranchflag=branch%3AOLE1&sort_by=title_az&addto=Engadir+a...&biblionumber=1103794&loggedinuser=&biblionumber=1103795&loggedinuser=&biblionumber=1103798&loggedinuser=&biblionumber=1103800&loggedinuser=&biblionumber=1103802&loggedinuser=&biblionumber=1104015&loggedinuser=&biblionumber=1104037&loggedinuser=&biblionumber=1116331&loggedinuser=&biblionumber=1120315&loggedinuser=&biblionumber=1122831&loggedinuser=&biblionumber=1124326&loggedinuser=&biblionumber=1126811&loggedinuser=&biblionumber=1134947&loggedinuser=&biblionumber=1138041&loggedinuser=&biblionumber=1147661&loggedinuser=&biblionumber=1148327&loggedinuser=&biblionumber=1165556&loggedinuser=&biblionumber=1201461&loggedinuser=&biblionumber=1202846&loggedinuser=&biblionumber=1191949&loggedinuser=http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=au&q=dahl%2C%20roald&limit=%28branch%3A%20OLE1%20%20or%20branch%3A%20OLE2%20%20or%20branch%3A%20OLE3%20%20or%20branch%3A%20OLE4%20%20or%20branch%3A%20OLE6%20%20or%20branch%3A%20OLE7%20%20or%20branch%3A%20OLE9%20%29&offset=100&sort_by=title_azOla, son Roald Dahl, o autor de "Charlie e a fábrica de chocolate". Nacín nun pobiño de Gales en 1916. Meus pais son noruegueses, e puxéronme Roald en honor do grande explorador Roald Amundsen. A miña nai quería que estudase na universidade pero eu só pensaba en viaxar e coñecer mundo. Fun piloto durante a Segunda Guerra Mundial e sufrín un grave accidente en Libia. Escribín máis de 60 contos. En 1964 "Charlie e a fábrica de chocolate" convírtese xa, nun  éxito mundial. Quentin Blake foi o meu debuxante favorito e a maior parte dos meus libros foron ilustrados por el.  Casei dúas veces e tiven cinco fillos. A Roald Dahl Foundation e o Roald Dahl Museum and Story Centre continúan co meu labor solidario. Non estou entre vós desde 1990, pero cando leades unha das miñas historias ou vexades algunha peli inspirada nos meus libros, poderedes “probar” un anaquiño de min. 
Este ano cúmprese o centenario do meu nacemento e para celebralo a Biblioteca Central Rialeda adícame a expo, "100% Roald Dahl",  cos meus libros e pelis inspiradas nas miñas historias para quehttp://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=au&q=dahl%2C+roald&limit=branch%3AOLE1&multibranchflag=branch%3AOLE1&sort_by=title_az&addto=Engadir+a...&biblionumber=1103794&loggedinuser=&biblionumber=1103795&loggedinuser=&biblionumber=1103798&loggedinuser=&biblionumber=1103800&loggedinuser=&biblionumber=1103802&loggedinuser=&biblionumber=1104015&loggedinuser=&biblionumber=1104037&loggedinuser=&biblionumber=1116331&loggedinuser=&biblionumber=1120315&loggedinuser=&biblionumber=1122831&loggedinuser=&biblionumber=1124326&loggedinuser=&biblionumber=1126811&loggedinuser=&biblionumber=1134947&loggedinuser=&biblionumber=1138041&loggedinuser=&biblionumber=1147661&loggedinuser=&biblionumber=1148327&loggedinuser=&biblionumber=1165556&loggedinuser=&biblionumber=1201461&loggedinuser=&biblionumber=1202846&loggedinuser=&biblionumber=1191949&loggedinuser= a visitedes e gocedes lendo "Matilda", "¡Qué asco de bichos!", "Agu Trot", "Boy: (relatos de infancia)", "As bruxas", "El cocodrilo enorme", "Cuentos en verso para niños perversos", "Danny, o campión do mundo", "Iago e o pexego xigante", "La maravillosa medicina de Jorge", "Muá, muá: once relatos coa chispa do inesperado", etc. 

Sabías que fun o guionista de "You only live twice = Só se vive dúas veces", unha peli da saga de James Bond do ano 67 protagonizada por Sean Connery?