Ola, son Roald Dahl, o autor de "Charlie e a fábrica de chocolate". Nacín nun pobiño de Gales en 1916. Meus
pais son noruegueses, e puxéronme Roald en honor do grande explorador
Roald Amundsen. A miña nai quería que estudase na universidade pero eu
só pensaba en viaxar e coñecer mundo. Fun piloto durante a Segunda Guerra Mundial e sufrín un grave accidente en Libia. Escribín máis de 60 contos. En 1964 "Charlie e a fábrica de chocolate" convírtese xa, nun éxito mundial. Quentin Blake foi o meu debuxante favorito e a maior parte dos meus libros foron ilustrados por el. Casei dúas veces e tiven cinco fillos. A Roald Dahl Foundation e o Roald Dahl Museum and Story Centre continúan co meu labor solidario. Non estou entre vós desde 1990, pero cando leades unha das miñas historias ou vexades algunha peli inspirada nos meus libros, poderedes “probar” un anaquiño de min.
Este ano cúmprese o centenario do meu nacemento e para celebralo a Biblioteca Central Rialeda adícame a expo, "100% Roald Dahl", cos meus libros e pelis inspiradas nas miñas historias para que a visitedes e gocedes lendo "Matilda", "¡Qué asco de bichos!", "Agu Trot", "Boy: (relatos de infancia)", "As bruxas", "El cocodrilo enorme", "Cuentos en verso para niños perversos", "Danny, o campión do mundo", "Iago e o pexego xigante", "La maravillosa medicina de Jorge", "Muá, muá: once relatos coa chispa do inesperado", etc. Sabías que fun o guionista de "You only live twice = Só se vive dúas veces", unha peli da saga de James Bond do ano 67 protagonizada por Sean Connery?
No hay comentarios:
Publicar un comentario