16/12/16

Recomendacións en Radioleiros: 16 decembro 2016

http://www.ipernity.com/doc/284673/44009672/in/album/863040
  http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1216294- Infantil-xuvenil (a partir de 12 anos):
"Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta" de Ledicia Costas. Editado por Xerais.
A autora que recibiu o premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil por “Escarlatina, a cociñeira defunta” preséntanos agora esta fermosa e emocionante novela que une o xénero de aventuras e o fantástico e na que tamén intervén a maxia.
Partindo de datos históricos, mestura personaxes reais como o escritor Jules Verne e o empresario vigués Sanjurjo Badía, con outros de ficción. Historia con fantasía, sen esquecerse de lendas da zona como da presenza do Nautilus en Vigo ou os tesouros ocultos en Rande.
En Maio de 1884 Jules Verne chegou a Vigo e contactou con dúas mulleres nunha botica. O escritor chega á cidade porque está seguindo o rastro das misteriosas mulleres planta. El quere coñecer todo sobre as mulleres planta e elas necesitan a axuda dos seus inventos para poder sobrevivir. O boticario Philipot, a súa muller Melisa e a súa neta Violeta gardan un importante segredo que consideran único, por iso cando lle encargan un bálsamo de naurilium e menta faino sospeitar que o seu segredo xa non o é tanto...
Unha magnífica novela xuvenil, homenaxe ás novelas de aventuras e unha excelente maneira de achegarse á obra do escritor Julio Verne.

- Mozas-os e adultas-os:
"El libro y la hermandad" de Iris Murdoch. En Impedimenta.
Finalista do Booker Prize.
Unha novela coral, dividida en tres partes, que nos fala dos deterioros que pode causar o paso do tempo nos desexos e aspiracións individuais e nas antigas relacións entre amig@s e antig@s compañeir@s de universidade.
Unha obra (que require unha lectura pausada) que nos presenta as relacións entre un grupo de amigos/as que estudaron na Universidade de Oxford. Comeza cun baile conmemorativo
 http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1206658&query_desc=ti%2Cwrdl%3A%20libro%20y%20la%20hermandad que organizaron para volver a verse todos/as, pero no que empezan os problemas ao asistir David Crimond, un pensador marxista ao que eles/as financian para que poda acabar de escribir un libro que leva tempo con el, pero que ninguén puido ler e que nin sequera están seguros/as da súa existencia.
Vemos personaxes como Gulliver que está contento por pertencer ao “comité do libro”  pero que se sente minusvalorado; a infeliz Tamar; o eterno amor de Rose por Gerard que é homosexual; ou Jean, casada con Duncan, pero namorada de Crimond...
Unha historia sobre o amor e a amizade, pero tamén sobre como van cambiando as lealdades segundo pasan os anos.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario