30/12/16

Recomendacións en Radioleiros: 30 decembro 2016

http://www.ipernity.com/doc/284673/44123956/in/album/863040
http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=kw&q=&idx=ti&q=cuerdas&idx=au%2Cwrdl&q=pedro+sol%C3%ADs&limit-yr=&limit=&limit=&multibranchlimit=OLE&sort_by=relevance&do=Busqueda- Infantil (de 6 a 8 anos):
"Cuerdas" de Pedro Solís. Editado por Nilo.
Baseada na curtametraxe de animación gañadora dun Goya en 2014. Dirixida por Pedro Solís. Conta a historia de María e Nico, compañeiros de clase. Ela é unha rapaza soñadora, vivaracha e alegre, el é un rapaz con parálise cerebral. El non se pode mover nin  falar, así que María argalla un sistema de cordas para poder xogar xuntos.
Un fermoso conto sobre a solidariedade, que fala de valores e ilusións, todo visto a través dos ollos inocentes dunha nena pequena.
 
http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1100636

- Mozas-os e adultas-os:
"Lourenço, Xograr" de Manuel Portas. En Galaxia.
A obra coa que Manuel Portas gañou o Premio García Barros 2015 narra a imaxinada vida de Lourenço, xograr portugués do século XIII, co fondo histórico da Baixa Idade Media. O libro está dividido en dúas partes; na primeira, ao máis estilo da novela picaresca, preséntase a un Lourenço adolescente e namoradizo que marcha cara terras galegas facendo de xograr do trobador João García de Gilhade. Viaxarán ata Compostela, presentando a través dos ollos do rapaz a vida cotiá da Galicia medieval. A segunda parte
rompe totalmente coa estrutura da primeira. Dáse paso a unha polifonía de voces narradoras: Lourenço, o mestre Ferreiro, María Balteira, o propio rei Afonso X, etc, van dando testemuño do protagonista, de si mesmos e da sociedade na que viven.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario