- Infantil (nenas-os de 6 a 8 anos):
"Super Patata", guión e debuxos de Artur Laperla. Editado por Bang.
O doutor Malévolo converteu a Supermax, o defensor da xustiza, nunha pataca e ameaza con seguir transformando en tubérculo a todos os que lle leven a contraria. Co que non contaba é que Supermax non é unha pataca calquera. Unha mestura da banda deseñada clásica e a futurista, con cores moi marcadas. Aposta da editorial barcelonesa Bang por unha serie de banda deseñada para nenas e nenos de máis de seis anos.
- Mozas-os e adultas-os:
"Colmeiro por si mesmo" de Xosé Antón Castro e Carlos G. Reigosa. En Xerais.
Tres conversas co artista a finais da década de 1980 por Xosé Antón Castro e Carlos G. Reigosa dan as claves para entender a vida e obra dunha das figuras da renovación da arte galega xunto con Maside, Laxeiro, Torres e outros. Unha fusión da tradición coas vangardas nun libro apoiado cunha antoloxía das súas obras e un apéndice fotográfico.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario