Día: Xoves 1 de decembro
Hora: 19:00
Lugar: Biblioteca Municipal Rosalía de Castro de Santa Cruz
Unha obra emocionante que retrata a alma feminina.
“A celebración do 40 aniversario de Isabel reúne en Londres a catro amigas da infancia, o que lles permite poñerse ao corrente das súas vidas. O seu reencontro pasa revista a moitas cousas: o peso da familia, o amor, o frenético ritmo de vida, a maternidade, o traballo. Son tan felices como cren? Un acontecemento inesperado na vida dunha delas, obrígaas a poñer o freo de man na súa rutina e a tomar decisións que definitivamente cambiarán as súas vidas”.
"Mientras hilan las mariposas" é unha novela deliciosa, moitas veces divertida, a intres dramática, que non poderás deixar de ler e que se quedará contigo para sempre.
Silvia Salgado naceu en Badalona (Barcelona), pero actualmente vive en Mera (Oleiros).

Os seus primeiros pasos profesionais dáos en Onda Rambla Barcelona, pero a súa carreira laboral desenvólvese nos departamentos de Comunicación e Recursos Humanos dunha importante entidade financeira.
Nos últimos anos, residiu en Bos Aires e tamén en Valdepeñas. É na cidade manchega onde aproveita a súa excedencia maternal para retomar a súa verdadeira vocación: a escritura.
Impulsora do clube de lectura “Macondo”, impartiu obradoiros de escritura creativa.
En 2013 publica, xunto ao ilustrador Enrique Tortosa, o conto infantil: Cóntame un conto, ¡eu píntocho!
Ese mesmo ano inicia, cun éxito inesperado, a súa andadura pola blogosfera co blog “El tunel del hada”, que chegou a rexistrar máis de 100.000 visitas.
Na actualidade, bloguea con éxito en “Tulipanes de fresa”, onde cunha linguaxe moi particular que os seus seguidores xa identifican, recomenda as súas lecturas. Este blog recibe a día de hoxe máis de 4000 visitas mensuais.
"Mientras hilan las mariposas" é a súa primeira novela.
Invitamos a todas as persoas que desexen asistir!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario