26/10/12

Recomendacións en Radioleiros: 26 de outubro

- Infantil (a partir de 4 anos):
"Historia de un árbol" de Miguel Ángel Cuesta, en Juventud
Entrañable álbum ilustrado sobre a vida dunha árbore.
Fálanos dunha árbore que vivía feliz nun bosque, ata que un día todo cambiou. Con fermosas ilustracións a toda cor, que ocupan a totalidade das páxinas e moi pouco texto, vainos mostrando como vivía esta árbore, os cambios que se producían nela nas distintas estacións, como era feliz no medio doutras árbores...
Un conto sobre o ciclo da vida, que ensina aos nenos e nenas a amar a natureza e a importancia de respectala, coidala e conservala.
- Mozos-as e adultos-as:
"La pesca de salmón en Yemen" de Paul Torday, editado por Salamandra.
Simpática novela que trata dun científico, o doutor Alfred Jones, membro do Centro Nacional para o Fomento da Piscicultura, ao que lle encargan a introdución do salmón en Iemen, proposta que, inicialmente, el rexeita rotundamente debido as características naturais que necesitan estes peixes: de auga, temperatura, etc.; pero detrás dese proxecto está un “jeque” árabe que, custe o que custe, quere levar ao seu país natal esta pesca deportiva. Todo se complica co asesor do Primeiro ministro que ve unha maneira de proxectar o seu futuro político e segundo di el, de mellorar a imaxe do Reino Unido en Oriente Medio. Convénceo de que ese proxecto comprende moitos aspectos positivos: ecoloxía, vínculos deportivos cun país árabe aínda non suficientemente alineado cos intereses británicos, tecnoloxía occidental laica que aporta melloras a un país islámico, etc.
No Centro ameázano, ou se encarga do proxecto ou o despiden, polo que o encargo ponse en marcha e o científico ten que reconsiderar o seu informe. Para levar a cabo este desexo hai que construír un hábitat artificial nos ríos iemenís e trasladar eses peixes alí desde as frías augas de Escocia, Islandia,... Este traballo, con todos os seus avatares, farao cambiar persoalmente así como a relación coa súa muller.
Ao ir lendo vemos que todo está contado con diferentes formas: cartas, correos electrónicos, notas internas, o diario do propio doutor, actas de sesións, etc, incluso algún texto de Al-Qaeda que considera a implantación do salmón contraria ao espírito do Islam.
Divertida obra que nos presenta con humor unha historia de amor, xunto cunha crítica política ao mesmo tempo que nos fala dos encantos da pesca deportiva do salmón. Unha narración que engancha e que nos obriga a seguir lendo.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

23/10/12

Conmemoración do Día da Biblioteca (24 de outubro) nas Bibliotecas Municipais de Oleiros

O Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais do Concello de Oleiros realizará, desde o 19 ao 30 de outubro, unha serie de actividades para conmemorar o Día da Biblioteca (24 de outubro).

Nas oito Bibliotecas Municipais de Oleiros, o día 24, agasallaremos cun libro aos/ás novos/as socios/as e tamén a todos/as os/as usuarios/as que leven, ese mesmo día, algún fondo bibliográfico (libro, DVD, CD) en préstamo.

Actividades nas que podes participar:
1. Xoves, 25 de outubro: CONTACONTOS con Pavís-Pavós. Narrarán “A vaca que puxo un ovo”, “Oh!”, “Tío Lobo”, “Rei e rei”, “A granxa” (Actividade para nenas e nenos menores de 10 anos).
2. Exposicións bibliográficas: "Ana María Machado, Premio Iberoamericano SM de LIJ 2012” e "Kalandraka Editora, Premio Nacional a la Mejor Labor Editorial Cultural 2012”.
4. Tertulias Literarias (para mozos/as, adultos/as), o mércores, 24 de outubro de 17.30 a 19.30 h. Entregarase a obra de Philip Roth, “La mancha humana”.

Na Biblioteca Pública Municipal Municipal e Centro de Documentación da Muller Rosalía de Castro, Santa Cruz:
1. “Cantos máis da casa me leron”, escolla de libros infantís, xuvenís e de adultos/as, aos que se lle incorpora unha lapela para que todas as persoas da casa ou amigos que os lean escriban o seu nome. Ten como finalidade acercar o fondo a novos/as usuarios/as e posibles socios/as que estean relacionados dalgún xeito con persoas que normalmente utilizan o préstamo.
2. Mércores, 24 de outubro: CONTACONTOS con Andrea Bayer que contará “As xirafas non saben bailar”, “Os tres porquiños”, “Panatas non sabe nadar”, “O home do saco ten medo á escuridade” (Actividade para nenas e nenos menores de 10 anos).
3. “Sopa de títulos”, actividade de carácter lúdico, dirixida aos usuarios/as que asisten diariamente á biblioteca, e que consiste na búsqueda de títulos de libros recentes, nos paneis que se colocarán na entrada da biblioteca.
4. Mostras bibliográficas: "Ana Maria Machado, Premio Iberoamericano SM de LIJ 2012”; "Editorial Kalandraka, Premio Nacional a la Mejor Labor Editorial Cultural 2012”, “Jane Goodall e o mundo dos chimpancés”
1.Taller de creación de marcapáxinas conmemorativos do Día da Biblioteca.
2. Venres, 19 de outubro: CONTACONTOS con Ramiro Neira. Narrará “O concurso de beleza”, “O pozo da mentira”, “Engurras”. (Actividade para nenas e nenos menores de 10 anos).
3. Exposición bibliográfica: "Ana Maria Machado, Premio Iberoamericano SM de LIJ 2012”
1. Un encrucillado infantil para a xente miúda.
2. Propostas de debuxos co tema da lectura e dos libros, para usuarias/os de educación infantil e primaria.
3. Exposición de libros para adultos/as considerados de gran calidade, literaria, científica, etc.
5. Selección de libros da editorial galega Kalandraka, recoñecida co “Premio ao Mellor Labor Editorial Cultural 2012”.
6. Elaboración de carteis alusivos á celebración.
7. Venres, 30 de outubro: CONTACONTOS con Pablísimo e os seus “Contos frikis” (Actividade para nenas e nenos menores de 10 anos).

Na Biblioteca Pública Municipal "Federico García Lorca", Montrove
1. Martes, 23 de outubro: CONTACONTOS coa Avoa Violeta da Compañía do Trinke Trinke, que contará “O bidueiro de prata “, “Aínda nada?” (Actividade para nenas e nenos menores de 10 anos).
2. Pasatempos: Encrucillados e Sopa de Letras.
3. Exposición bibliográfica: “Contos de biblioteca”.
4. Exposición: "Libros da editorial Kalandraka, Premio Nacional a la Mejor Labor Editorial Cultural 2012”.


1. Pasatempos: Encrucillados, sopa de Letras, baixo o lema “A Biblioteca e o seu contido”.
2. Exposicións bibliográficas: "Ana Maria Machado, Premio Iberoamericano SM de LIJ 2012”, "Editorial Kalandraka, Premio Nacional a la Mejor Labor Editorial Cultural 2012”.
3. Luns, 29 de outubro: CONTACONTOS con Soledad Felloza, e os Contos de Magosto “El esqueleto ladrón”, “La pelusa asesina”, “Tuma la catumba”(Actividade para nenas e nenos menores de 10 anos).


1. Venres, 26 de outubro: CONTACONTOS a cargo de Marisa Irimia cos títulos “O paraugas máxico”, “O pirata naufragado”, “Chocolata” (Actividade para nenas e nenos menores de 10 anos)
2. Obradoiro de marcapáxinas.
3. Exposición bibliográfica: "Fondos da editorial Kalandraka, Premio Nacional a la Mejor Labor Editorial Cultural 2012”.
1. Mércores 24 de outubro: CONTACONTOS con Marisa Irimia que narrará "A avoa Pepa e o coco...", "Un cuíño independente" (Actividade para nenas e nenos menores de 10 anos).
2. Exposición bibliográfica: "Editorial Kalandraka, Premio Nacional a la Mejor Labor Editorial Cultural 2012”.
3. Pasatempos baixo o lema: “Como te ves na biblioteca”, sopas de letras, escribe a túa opinión sobre a biblioteca, concurso de debuxo.

Máis información das nosas actividades, programas, documentación, publicacións, etc., na web e o blog das Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros.

22/10/12

Geronimo Stilton no Teatro "As Torres" de Santa Cruz: 22 de outubro

Este especial encontro foi organizado polo CEIP Isidro Parga Pondal de Santa Cruz: realizouse un contacontos co rato máis famoso e misterioso do momento, Geronimo Stilton, no Teatro "As Torres" de Santa Cruz.
Esta actividade foi posible grazas a unha promoción do grupo editorial Planeta que foi ofrecida a este centro xa que a alumna Sabela Lage de 4º curso gañou un sorteo para celebrar os 100.000 socios do “Club de Geronimo Stilton”.
Asistiron os/as alumnos/as dos cursos de 3º, 4º e 5º de Primaria.
A serie de libros deste famoso roedor (creados pola escritora italiana Elisabetta Dami, que asina como o escritor ficticio Geronimo Stilton) narra as aventuras, historias e misterios do rato chamado Geronimo Stilton, escritor e director do xornal "El Eco del Roedor",  que vive nunha illa ficticia denominada “Illa dos Ratos”. Stilton é un bibliófilo e melómano, amante da música clásica e da tranquilidade, aínda que as súas aventuras son sempre axitadas.
Stilton ten unha gran familia: Trampita, o seu curmá; Tea, a súa irmá; o seu sobriño Benjamín e Torcuato, o seu avó.
RATÓNIDOS SAÚDOS SR. STILTON!!!

19/10/12

Hora do conto: 23 a 26 de outubro

Aquí tes a programación da hora do conto de 23 a 26 de outubro.
Todas as sesións darán comezo ás 18:30 horas.

Biblioteca Pública Municipal "Federico García Lorca". Montrove
Martes 23 de outubro
CONTACONTOS: Avoa Violeta da Compañía do Trinke Trinke
TÍTULOS: O Bosque en Perigo: “O bidueiro de prata “, “Aínda nada?”


Biblioteca Pública Municipal "Rosalía de Castro". Santa Cruz
Mércores 24 de outubro
CONTACONTOS: Andrea Bayer
TÍTULOS: Contos para ti: “As xirafas non saben bailar”, “Os tres porquiños”, “Panatas non sabe nadar”, “O home do saco ten medo á escuridade”
Biblioteca Pública Municipal "Xograr Mendiño". Lorbé
Mércores 24 de outubro
CONTACONTOS: Marisa Irimia
TÍTULOS: De cus e cocos...: " A avoa Pepa e o coco...", "Un cuíño independente"
Biblioteca Central "Rialeda". Perillo
Xoves 25 de outubro
CONTACONTOS: Pavís-Pavós
TÍTULOS: “A vaca que puxo un ovo”, “Oh!”, “Tío Lobo”, “Rei e rei”, “A granxa”
Biblioteca Pública Municipal "Ánxel Fole". Nós
Venres 26 de outubro
CONTACONTOS: Marisa Irimia
TÍTULOS: Aparellos máxicos e outros contos: “O paraugas máxico”, “O pirata naufragado”, “Chocolata”
(AVISO: Os títulos programados poden sufrir variacións en función do público asistente)

Recomendacións en Radioleiros: 19 de outubro

- Infantil (nenos/as menores de 6 anos):
"Papá non sabe" de RuAn, en Baía. (RuAn nace da unión profesional de Rubén PérezAntón Romero)
Un narrador infantil cóntanos, aproveitando as diferentes opinións dos seus pais, a razón da choiva, da evaporación, o vento, a temperatura, etc.
Texto mínimo e ilustracións a doble páxina con trazos figurativos.
- Mozos/as e adultos/as:
"Por favor cuida de mamá" de Kyung-Sook Shin, editado por Grijalbo
Unha nai extravíase na estación central de Seúl cando vai visitar os seus fillos. A novela desenvólvese en catro partes narradas por outras tantas voces: a filla, o fillo, o home e a propia afectada. Unha historia coral con lembranzas agridoces. Un choque xeracional entre distintas mentalidades.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

17/10/12

Jane Goodall: expo de libros para grandes e pequechos na Biblioteca de Santa Cruz

Visita a expo bibliográfica sobre Jane Goodall na Biblioteca "Rosalía de Castro" de Santa Cruz. A zoóloga e antropóloga británica (Londres,1934), interesouse pola natureza desde nova. Nos anos cincuenta puido viaxar a África onde traballou co antropólogo Louis Leakey e posteriormente comezou a estudar os chimpancés no Parque Nacional de Gombe (Tanzania). Os seus traballos de campo permitiron grandes avances no coñecemento dos hábitos dos chimpancés como a fabricación e uso de ferramentas, a alimentación e o establecemento de relacións e estruturas sociais. Premiada co Príncipe de Asturias de Investigación Científica e Técnica (2003), actualmente Jane Goodall desenvolve desde a fundación que leva o seu nome un labor de divulgación no ámbito da ecoloxía. 
De 3 de outubro a 30 de novembro podes visitar unha expo  adicada a Jane Goodall no CEIDA de Santa Cruz: + info en http://www.ceida.org/educacion-divulgacion/exposicions/exposicions-actuais.html

15/10/12

A Tropa de Trapo o 17 de outubro no Teatro "As Torres" de Santa Cruz con “Antía, Wamba e o regato pequeno"

Co obxectivo de conmemorar o Día Internacional para a erradicación da pobreza, o 17 de outubro, ás 18.30 horas, terá lugar no  Teatro "As Torres" de Santa Cruz un espectáculo de contacontos coa compañía A Tropa de Trapo, que representarán a obra titulada “Antía, Wamba e o regato pequeno” co subtítulo de “Contos para todo o mundo e para un mundo de todos”.
Esta actividade de A Tropa de Trapo está patrocinada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Froito desta colaboración chega “Antía, Wamba e o regato pequeno”, dirixida a un público infantil e familiar, “conta a historia de dúas personaxes, Antía, unha nena galega, e Wamba un mozo do Congo que se busca a vida vendendo de todo na rúa. Os contos de Wamba e as merendas de Antía fundiranse nunha amizade que lle ensinará a Antía que compartir non é dar o que che sobra e que, como din na tribo de Wamba, o río énchese de regatos pequenos”.
“Un feixe de historias e melodías, de realidades, de soños e moitas ganas de seguir dándolle vida a ese fío delicado que é a transmisión oral”.

13/10/12

Hora do conto: 15 a 19 de outubro

Aquí tes a programación da hora do conto de 15 a 19 de outubro.
Todas as sesións darán comezo ás 18:30 horas.

Biblioteca Pública Municipal "Mª José Ruso". Dorneda
Luns 15 de outubro
CONTACONTOS: Marisa Irimia
TÍTULOS: "Horrible Xoan"; "O bico da sapa", "O barquiño de papel"


Biblioteca Pública Municipal "Manuel María". Oleiros
Martes 16 de outubro
CONTACONTOS: Pavís - Pavós
TÍTULOS: “A bruxa Mimí”, “Os dous corcovados”, “ O barco de papel”, “O coelliño branco”, “Monstros divertidos”
Biblioteca Pública Municipal "Rosalía de Castro". Santa Cruz
Mércores 17 de outubro
CONTACONTOS: A Tropa de trapo
TÍTULOS: “Antía, Wamba e o regato pequeno” (contos para todo o mundo e para un mundo de todos)
Esta actividade de A Tropa de Trapo está patrocinada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, co obxectivo de conmemorar o Día Internacional para a erradicación da pobreza
Biblioteca Central "Rialeda". Perillo
Xoves 18 de outubro
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULOS: “Malvado conejito”, “La señora Mieier”, “Home Corvo”, "Cuento inédito de final extraño"
Biblioteca Pública Municipal "Mª José Trincado". Mera
Venres 19 de outubro
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULOS: “O concurso de beleza”, “O pozo da mentira”, “Engurras”
(AVISO: Os títulos programados poden sufrir variacións en función do público asistente)

Tertulia literaria en Rialeda: mércores 17 de outubro (Grupo A)


Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.
Vaise comentar a obra "Todo cuanto amé" de Siri Hustvedt.
Obras de Siri Hustvedt nas nosas bibliotecas.

11/10/12

Expo bibliográfica de Ana Maria Machado na Biblioteca de Santa Cruz

A escritora brasileña foi a gañadora do VIII Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil y Juvenil na edición deste ano 2012. Este galardón recoñece o conxunto da súa obra, caracterizada por un estilo narrativo sinxelo e complexo á vez, que apela á intelixencia do lector, cunha linguaxe cuidadosa, lírica e que recupera a riqueza da oralidade.
Na Biblioteca "Rosalía de Castro" de Santa Cruz podes atopar na sala infantil: "Amanda con cien pies anda", "Camilón, comilón", "El maravilloso puente de mi hermano""La abuelita aventurera""El misterio de la isla""Un montón de unicornios""Niña bonita".

10/10/12

Ana Maria Machado, VIII Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil y Juvenil

O premio entrégase o próximo 27 de novembro, no marco da Feria Internacional do Libro de Guadalajara (México).
A súa obra literaria aborda un amplo rexistro de temas e o tratamento dos mesmos revolucionou as nocións de xénero, de tradición e de alteridade no mundo da literatura para nenos-as e xoves. O compromiso social e a reflexión sobre a literatura foron puntos clave no desenvolvemento dos seus escritos teóricos, e outro punto relevante da súa obra é a recreación da cultura brasileira á que a súa escritura outorga unha proxección universal. Polo anterior e porque a súa obra distínguese por “un estilo narrativo sinxelo e complexo á vez, que apela á intelixencia do-a lector-a, cunha linguaxe coidadosa, lírica, amena e que recupera a riqueza da oralidade”, Ana Maria Machado merece, a través deste Premio, o recoñecemento á súa traxectoria literaria. A escritora carioca recibíu outros importantes galardóns como o Premio Jabuti, en 1997, considerado o máis importante premio literario do Brasil, e en 2000 obtivo o Premio Andersen, o máis prestixioso galardón das letras infantís. Na edición do pasado ano 2011 foi galardonado o autor galego Agustín Fernández Paz. Na Biblioteca Central Rialeda adícamoslle unha exposición bibliográfica que podes visitar.
PARABÉNS, ANA MARIA!!!

Tertulia literaria en Santa Cruz: 15 de outubro


De 18,30 a 20 horas.

Presentación da tempada de tertulias.
Entrega e comentario da programación do trimestre.

8/10/12

Tertulias Literarias: Inicio Tempada 2012-2013

Un ano máis, a Biblioteca Central Rialeda e a Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro" de Santa Cruz acollerán unha nova tempada de Tertulias Literarias.
Esta actividade, con máis dunha década de funcionamento, consiste no comentario de obras de distintos xéneros literarios, procurando o lado formativo e á vez, lúdico da lectura.
Na Biblioteca Central Rialeda hai dous grupos cun máximo de 20 participantes en cada un, reuníndose quincenalmente os mércores ás 17,30 h.
Na Biblioteca de Santa Cruz hai un grupo que se reúne quincenalmente os luns ás 18.30 h.
A duración da actividade é de 2 horas en Rialeda e 1 hora e media en Santa Cruz.
As persoas que desexen participar deben inscribirse en calquera das dúas bibliotecas, pasando a formar parte dunha LISTA DE ESPERA. A participación final estará condicionada á existencia de vacantes con respecto á tempada 2011-2012.
Tertulia de Santa Cruz: programación e datas: inicio: 15 de outubro
Grupo A (Rialeda): programación e datas - inicio: 17 de outubro
Grupo B (Rialeda): programación e datas - inicio: 24 de outubro
Máis información:
Tfnos. 981 639 511 (Rialeda) e 981 626 338 (Santa Cruz)

Hora do conto: 9 a 11 de outubro

Aquí tes a programación da hora do conto de 9 a 11 de outubro.
Todas as sesións darán comezo ás 18:30 horas.

Biblioteca Pública Municipal "Federico García Lorca". Montrove
Martes 9 de outubro
CONTACONTOS: Pablísimo
TÍTULOS: "Confundindo historias", "Carreira de tartarugas", "Choiva de chapeus"


Biblioteca Pública Municipal "Rosalía de Castro". Santa Cruz
Mércores 10 de outubro
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULOS: “El viaje del cordero, la cabra y el perro”, “El gran bostezo”, “Rugidos y orejas”

Biblioteca Central "Rialeda". Perillo
Xoves 11 de outubro
CONTACONTOS: Rato Camifuco Compañía do Trinke Trinke
TÍTULOS: Asociación de Animais Solidarios: “A casa da Mosca Chosca”, “O galo que non sabía cantar”, “Dona Carme”
(AVISO: Os títulos programados poden sufrir variacións en función do público asistente)