Visita a expo bibliográfica sobre Jane Goodall na Biblioteca "Rosalía de Castro" de Santa Cruz. A zoóloga e antropóloga británica (Londres,1934), interesouse pola natureza desde nova. Nos anos cincuenta puido viaxar a África onde traballou co antropólogo Louis Leakey e posteriormente comezou a estudar os chimpancés no Parque Nacional de Gombe (Tanzania). Os seus traballos de campo permitiron grandes avances no coñecemento dos hábitos dos chimpancés como a fabricación e uso de ferramentas, a alimentación e o establecemento de relacións e estruturas sociais. Premiada co Príncipe de Asturias de Investigación Científica e Técnica (2003), actualmente Jane Goodall desenvolve desde a fundación que leva o seu nome un labor de divulgación no ámbito da ecoloxía.
De 3 de outubro a 30 de novembro podes visitar unha expo adicada a Jane Goodall no CEIDA de Santa Cruz: + info en http://www.ceida.org/educacion-divulgacion/exposicions/exposicions-actuais.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario