10/10/12

Ana Maria Machado, VIII Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil y Juvenil

O premio entrégase o próximo 27 de novembro, no marco da Feria Internacional do Libro de Guadalajara (México).
A súa obra literaria aborda un amplo rexistro de temas e o tratamento dos mesmos revolucionou as nocións de xénero, de tradición e de alteridade no mundo da literatura para nenos-as e xoves. O compromiso social e a reflexión sobre a literatura foron puntos clave no desenvolvemento dos seus escritos teóricos, e outro punto relevante da súa obra é a recreación da cultura brasileira á que a súa escritura outorga unha proxección universal. Polo anterior e porque a súa obra distínguese por “un estilo narrativo sinxelo e complexo á vez, que apela á intelixencia do-a lector-a, cunha linguaxe coidadosa, lírica, amena e que recupera a riqueza da oralidade”, Ana Maria Machado merece, a través deste Premio, o recoñecemento á súa traxectoria literaria. A escritora carioca recibíu outros importantes galardóns como o Premio Jabuti, en 1997, considerado o máis importante premio literario do Brasil, e en 2000 obtivo o Premio Andersen, o máis prestixioso galardón das letras infantís. Na edición do pasado ano 2011 foi galardonado o autor galego Agustín Fernández Paz. Na Biblioteca Central Rialeda adícamoslle unha exposición bibliográfica que podes visitar.
PARABÉNS, ANA MARIA!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario