Este especial encontro foi organizado polo CEIP Isidro Parga Pondal de Santa Cruz: realizouse un contacontos co rato máis famoso e misterioso do momento, Geronimo Stilton, no Teatro "As Torres" de Santa Cruz.
Esta actividade foi posible grazas a unha promoción do grupo editorial Planeta que foi ofrecida a este centro xa que a alumna Sabela Lage de 4º curso gañou un sorteo para celebrar os 100.000 socios do “Club de Geronimo Stilton”.
Asistiron os/as alumnos/as dos cursos de 3º, 4º e 5º de Primaria.
A serie de libros deste famoso roedor (creados pola escritora italiana Elisabetta Dami, que asina como o escritor ficticio Geronimo Stilton) narra as aventuras, historias e misterios do rato chamado Geronimo Stilton, escritor e director do xornal "El Eco del Roedor", que vive nunha illa ficticia denominada “Illa dos Ratos”. Stilton é un bibliófilo e melómano, amante da música clásica e da tranquilidade, aínda que as súas aventuras son sempre axitadas.
Stilton ten unha gran familia: Trampita, o seu curmá; Tea, a súa irmá; o seu sobriño Benjamín e Torcuato, o seu avó.
RATÓNIDOS SAÚDOS SR. STILTON!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario