23/10/26

Recomendacións en RadiOleiros: 23 outubro 2026

- Infantil (a partir de 6 anos):

A eiruga rabuda
, de Antía Yáñez con ilustracións de Iván R. 
Xerais.

Dorotea, unha eiruga que se sente máis fea ca as demais, espera ansiosa converterse en bolboreta.

Unha aventura irreverente e moi divertida sobre a valentía e a beleza de ser quen es.

- Mocidade e persoas adultas:

As malas ideas, de María Solar. 
Xerais.

Elías é un afamado director de produción de series que está pasando por unha crise laboral. A morte do pai obrígao a deixar Madrid e volver a Ferrol, a súa terra natal, onde descubrirá que o seu pai fabricaba un artefacto explosivo no faiado.

Unha historia que transita entre o drama e o humor e que está chea de emocións, segredos e decisións que poden cambialo todo.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en RadiOleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario