24/3/23

Temos Poetas en lata ata o 21 de abril

Temos Poetas en lata ata o 21 de abril
A expo Poetas en lata permanecerá aberta ata o 21 de abril e podes contemplala na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz). 
O 21 de marzo, Día da Poesía, Mariaxe Colaxe "desenlatou" a 30 escollidas escritoras nun recital poético xunto a Ángeles Dorrio (piano e voz). Versos de ricos sabores colleron vida grazas á voz de Chus Álvarez e o acompañamento de Ángeles Dorrio que deixaron no aire unha peperetada de estrofas.
 
Escoita os poemas de Gioconda Belli e Patricia Benito na inauguración de Poetas en lata na voz de Chus Álvarez.

- Biblioteca Municipal Manuel María (Oleiros):
A actividade "Poetízate" está destinada a todos os públicos. As persoas que o desexen poden enviar por correo electrónico ou entregar na propia biblioteca unha poesía que pasará a formar parte do mural poético da biblioteca.
- Biblioteca Municipal Ánxel Fole (Nós):
Celebramos a poesía con pasatempos e a expo de libros "Nos poetizamos?".
- Biblioteca Municipal Mª José Ruso (Dorneda):
Mostra “Eu amo a poesía” e actividade plástica “PoemasPintados”, coa que animamos ao público infantil a facer un debuxo sobre un poemiña ofrecido pola biblioteca.
- Biblioteca Municipal Mª José Trincado (Mera):
Exposición bibliográfica para público adulto "Nova poesía galega".
- Biblioteca Central Rialeda (Perillo):
A mostra "A biblioteca das Poetas en lata" é unha escolma de libros dalgunha das escritoras representadas na exposición de colaxes que podes ver na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz).

No hay comentarios:

Publicar un comentario