18/3/23

Poetas en lata para celebrarmos o Día da Poesía, 21 de marzo

Poetas en lata para celebrarmos o Día da Poesía, 21 de marzo
Poetas en lata
, exposición de colaxes de Mariaxe Colaxe na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz).
- Lugar:Teatro As Torres (Santa Cruz)
- Día: 21 de marzo, Día da Poesía.
- Hora: 20:00 h.
Na inauguración da exposición poderase escoitar unha escolma de versos das autoras homenaxeadas nun recital poético, con música en directo, a cargo de Mariaxe Colaxe e Ángeles Dorrio (voz e música).
Poetas en lata é unha das series creadas pola artista Mariaxe Colaxe. Está composta por 30 colaxes de poetas do mundo, mulleres que merecen que a súa obra e a súa alma permanezan conservadas no mellor aceite, o da lembranza.
O pseudónimo Mariaxe Colaxe esconde á actriz galega Chus Álvarez e a súa faceta como colaxista. Comezou en 2021 a mostrar as súas pequenas obras en Instagram, e a arte plástica converteuse en moito máis que un divertimento para ela. Chus, á parte de actriz e colaxista, é narradora oral e escritora, e asume a colaxe como outra fermosa forma de contar historias. Poetas enlatadas, galegas: Alba Cid, Emma Pedreira, Estíbaliz Espinosa, María Lado, Lucía Aldao, Luisa Villalta, Lupe Gómez, Luz Fandiño,Luz Pozo Garza, Olga Novo, Pilar Pallarés, Pura Vázquez, Rosalía de Castro, Xela Arias, Xohana Torres, Yolanda Castaño. E tamén: Alejandra Pizarnik, Alfonsina Storni, Ana Luisa Amaral, Emily Dickinson, Gabriela Mistral, Gioconda Belli, Gloria Fuertes, Louise Glück, María Elena Walsh, Maya Angelou, Patricia Benito, Sylvia Plath, Wislawa Szymborska, Xitlalitl Rodríguez.
Desde as bibliotecas municipais invítase ás persoas que desexen asistir, para que gocen coa poesía e a exposición.

No hay comentarios:

Publicar un comentario