"Unha nova dimensión" de Anxo Iglesias. Ilustración de María Montes. En Xerais.
Dispoñible en GaliciaLe
Poesía lúdica e divertida para as-os máis novas-os xogando co tempo, co espazo e acompañada dunhas magníficas ilustracións. Premio Merlín de Literatura Infantil.
- Mozas-os e adultas-os:
"Cambó: el último retrato" de Borja de Riquer. Editado por Crítica.
Político, financeiro, escritor, a figura de Cambó é unha constante no primeiro terzo da historia de España no seu afán de levar as teses catalanistas a Madrid. Unha figura con moito peso e contraditoria que rematou apoiando ao bando golpista na Guerra Civil.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario