19/03/12

Hora do conto: 21 a 23 de marzo

Aquí tes a programación da hora do conto do 21 ao 23 de marzo,
Todas as sesións son ás 18:30 horas.
Biblioteca Pública Municipal "Xograr Mendiño". Lorbé
Mércores 21 de marzo
CONTACONTOS: Andrea Bayer
TÍTULOS: "A bruxa Mimi", "As pousadeiras do rei", "Andrés cabeza abaixo", "Os dous corcovados"

Mércores 21 de marzo
TÍTULOS: “A ratiña presumida: conto popular”, “Nadarín” 

Xoves 22 de marzo
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULOS: "¡Es un libro!", "La noche de la visita", "Un beso antes de desayunar"

Biblioteca Pública Municipal "Ánxel Fole". Nós
Venres 23 de marzo
CONTACONTOS: Pablísimo
TÍTULOS: “Contos con cornos”: "O dragón e a bolboreta", "Pequerrecho pequerrechiño", "A vaca na baca" 

(AVISO: Os títulos programados poden sufrir variacións en función do público asistente)

Día da Poesía na Biblioteca "Mª José Ruso" de Dorneda

Con motivo da celebración do Día da Poesía o 21 de marzo, presentamos a todos os socios/as e usuarios/as as seguintes actividades que poderás desfrutar ao longo do mes de marzo:


"Dame un verso"
Achégate á biblioteca cun verso ou unha poesía que te emocione, que teña ese "algo" especial. Pode ser tanto allea como creada por ti. Todos os versos que aportedes serán expostos en diferentes sitios da biblioteca.
Sen dúbida descubriredes que a poesía tamén pode ser divertida, entretida, con sentimentos e entendible.

"Entendemos a poesía"
Ofreceremos diferentes composicións poéticas para que as recites e ilustres o qué che suxire. Exporemos todos os vosos debuxos.

“Exposición bibliográfica sobre Celso Emilio Ferreiro no centenario do seu nacemento”
Con todo o material do que dispoñemos que trata sobre o autor o que foi escrito por él, faremos unha presentación bibliográfica amena e gráficamente atractiva.

16/03/12

Recomendacións en Radioleiros: 16 de marzo

- Infantil:

Bárbara Fiori Editora

Fai moitísimo tempo o mundo estaba en construción, as bolboretas non existían igual que moitos outros animais e plantas e os “deseñadores de todas as cousas” eran os encargados de crealas, pero había unha regra moi estrita, non se podía mesturar o reino animal co reino vexetal. Mais un neno chamado Odaer, tiña un sono: crear unha criatura fermosa e marabillosa que puidera voar como un paxaro e ser tan bela como unha flor, para traer máis beleza ao mundo...

Magnífico álbum cunha fermosa historia e espléndidas ilustracións que nos di que os soños aínda son posibles, fálanos do poder do esforzo, da ilusión e da constancia. O segredo está en "non cansarse nunca de soñar, en non darse por vencido".

- Mozos/as e Adultos/as

As mulleres en Galicia no século XX, obra dirixida por Jesús de Juana López e Julio Prada
Editada por Ir Indo

Formado por un limiar e oito capítulos nos que interveñen os dous directores e expertas como: Carmen Benso, Rosa Mª Cid, Mª Victoria Martins Rodríguez, Ana Cebreiros Iglesias e Mª Concepción Álvarez Gómez.

Relevante obra que, dunha forma máis ou menos cronolóxica (dende principios do século XX), explica a visibilidade e pluralidade de sexos e xéneros; as conquistas femininas no primeiro terzo do século; o activismo feminino conservador neses primeiros anos; o novo ideal de muller que, principalmente durante a Segunda República, busca participar nos novos espazos de sociabilidade reclamando os seus dereitos políticos en plena igualdade co home, cunha parte moi interesante sobre o debate arredor do sufraxio feminino; a represión franquista sobre as mulleres; o seu papel na resistencia antifranquista; así como a súa intervención no tardofranquismo e na transición á democracia.

Ao longo dos distintos capítulos vemos que se hoxe temos estes dereitos é porque outras persoas que nos antecederon loitaron por conseguilos. As súas demandas anticiparon o que hoxe son modelo de convivencia en moitos ámbitos como o da igualdade absoluta ante a lei, a coeducación, o divorcio, o desenvolvemento económico e social, etc.
 
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

15/03/12

Celebramos o Día da Poesía na Biblioteca Xograr Mendiño de Lorbé

Desde o 16 ao 26 de marzo, na Biblioteca Pública Municipal Xograr Mendiño de Lorbé, co gallo do Día da Poesía (21 de marzo), farase unha selección de fondos para adultos/as e público infantil e xuvenil, animarase aos/ás usuarios/as a lelos e levalos a casa.
Exporánse pola biblioteca fragmentos de poesías, especialmente de Celso Emilio Ferreiro e animarase aos/ás usuarios/as a escribir un poema. Algúns dos obxectivos que perseguimos con esta actividade serán: utilizar a biblioteca non só como lugar de estudo senón tamén de lecer, celebrar esta día tan especial para as bibliotecas e a cultura en xeral, difundir os nosos fondos de poesía, aumentar os coñecementos sobre a poesía, en especial a galega, coñecer os/as principais autores/as, difundir a obra dos/das poetas contemporáneos/as galegos/as e aprender a amar e gozar da poesía.


14/03/12

Ler para saber A CIENCIA: 16 de marzo

Esperámoste na Biblioteca Central Rialeda (2º andar), o venres 16 de marzo ás 18:30, para participar nesta actividade dirixida a nenos e nenas a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral.
Primeiramente, Iria Pillado e Carmen Rodríguez Coronado, de 1º da ESO do IES Neira Vilas de Perillo realizarán unha breve presentación sobre “As estrelas”.

A continuación, José Manuel Rodríguez Seijo, profesor titular da Universidade da Coruña, Departamento de Métodos Matemáticos e de Representación, área de Matemática Aplicada, nos ofrecerá a charla científica titulada “A sorprendente utilidade das matemáticas”.

Seleccionamos para ti libros para esta charla científica.

12/03/12

Obradoiro de Creación Literaria na Biblioteca Central Rialeda (3ª sesión): martes 13 de marzo

O día 13 de marzo, ás 18.30 horas, na Biblioteca Central Rialeda, terá lugar a 3º sesión do Obradoiro de creación literaria impartido polo escritor e profesor Xavier Seoane
Está dirixido a mozas/os (a partir de 15 anos) e adultas/os, realizarase os martes e terá unha duración de dez sesións. 
As prazas son limitadas. É imprescindible inscribirse na biblioteca chamando ao teléfono 981 639 511 ou a través do correo electrónico biblioteca.rialeda@oleiros.org
Importante: esta actividade ten prezo público para as persoas non empadroadas no Concello de Oleiros.
É unha iniciativa da Concellería de Cultura de Oleiros e da Asociación de Escritores en Lingua Galega e con ela preténdese animar a escribir textos literarios mediante a manipulación de formas lingüísticas e a imitación de modelos expresivos da nosa tradición literaria, aos que podemos chegar mediante o xogo e a descuberta da nosa propia creatividade.

IMPORTANTE: A actividade realízase no 2º andar da biblioteca. Durante a mesma quedan fora de servizo os ordenadores da citada sala.

09/03/12

Hora do conto: do 12 ao 16 de marzo

Aquí tes a programación da hora do conto do 12 ao 16 de marzo,
Todas as sesións son ás 18:30 horas.
Biblioteca Pública Municipal "Mª José Ruso". Dorneda
Luns 12 de marzo
CONTACONTOS: Pablísimo
TÍTULOS: "Contos para pasar a tardiña": "O nacemento do dragón", "Os narices do rei", "A princesa e o chícharo"

Mércores 14 de marzo
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULOS: “¡El mirlo!“, “La oruga glotona”, “Un beso antes de desayunar” 

Xoves 15 de marzo
TÍTULOS: "A ratiña presumida: conto popular", "Nadarín"

Biblioteca Pública Municipal "Mª José Trincado". Mera
Venres 16 de marzo
CONTACONTOS: Pablísimo
TÍTULOAS: “Contos con cornos”: "O dragón e a bolboreta", "Pequerrecho pequerrechiño", "A vaca na baca" 

(AVISO: Os títulos programados poden sufrir variacións en función do público asistente)

Recomendacións en Radioleiros: 9 de marzo


- Infantil:
Editado pola Faktoría K
Unha historia de superación a través dos animais cunhas magníficas ilustracións que fan deste libro unha opción estética de primeira orde.
- Mozos/as e Adultos/as:

Mulleres na guerrilla antifranquista galega, de Aurora Marco
Editado por Laiovento
Un estudo histórico pioneiro sobre a participación da muller nas actividades guerrilleiras en Galiza contra o franquismo. Novidoso pola perspectiva desde a que parte,escrito por unha muller e enfocado a tratar o papel da muller nun proceso sempre caracterizado pola óptica masculina. Aporta multitude de datos que contextualizan un aporte imprescindíbel e até agora minusvalorado.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

08/03/12

Actos do Día Internacional da Muller Traballadora

Conmemoración do Día Internacional da Muller Traballadora no Teatro As Torres de Santa Cruz


Martes 13 de marzo, ás 19.00 h.: Conferencia: "Narradoras cubanas e o discurso feminino en Cuba"
Intervirán:
- Mirta Yáñez, escritora e profesora cubana
- Carmen García-Rodeja, profesora do IES Neira Vilas de Perillo

Xoves 22 de marzo, ás 19.00 h. : Presentación do libro: "Mulleres na guerrilla antifranquista galega"
Intervirán:
- Aurora Marco, autora da obra e profesora
- Francisco Pillado, director da editorial Laiovento e escritor
Proxectaráse o documental "As silenciadas", dirixido por Pablo Ces


E ademáis:

Ao longo do mes de marzo distribuiremos a Guía de Lectura "Axóuxeres, bicos, ... e noites sen durmir"
Elaborada polo Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais co obxectivo de que as nais e pais accedan mellor ao coñecemento de como enfrontarse a unha experiencia única e extraordinaria como é o nacemento dun fillo ou filla.
Todos os fondos atoparánse nas bibliotecas municipais.


E en data por determinar, organizaráse un Roteiro Cultural e Literario
Un recorrido-homenaxe por distintos lugares do municipio nos que viviron diferentes mulleres ilustres, como Emilia Pardo Bazán, Sofía Casanova, María Casares e Juana de Vega.
Visitaremos distintos lugares como o Castelo de Santa Cruz, etc..
Prazas limitadas. Inscrición obrigatoria nas Bibliotecas Municipais.

07/03/12

Ler para saber A CIENCIA: 9 de marzo

Esperámoste na Biblioteca Central Rialeda (2º andar), o venres 9 de marzo ás 18:30, para participar nesta actividade dirixida a nenos e nenas a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral.
Primeiramente, Paula Martínez, Amanda Muñoz, Alicia García, Pepa Mata e Xes Garbajosa, alumnas/o do CEIP Valle-Inclán de Perillo xunto con Nacho García, alumno do CEIP Vales Villamarín de Betanzos  realizarán unha breve presentación sobre “A mitoloxía grega: os seres mitolóxicos”.

A continuación, a doutora Socorro Castro García, profesora titular da Universidade da Coruña, Departamento de Química Fundamental, área de Química Inorgánica, nos ofrecerá a charla científica titulada “Queres xogar con sólidos, líquidos e gases? Evapórate!”.

Seleccionamos para ti libros e DVD para esta charla científica.

05/03/12

Dickens e a lanterna máxica: expo bibliográfica do escritor de Portsmouth no bicentenario do seu nacemento

Charles John Huffam Dickens, naceu en Potsmouth un 7 de febreiro de 1812. Celebramos este ano 2012 o bicentenario do nacemento dun dos grandes clásicos. Este extraordinario creador de caricaturas, lembremos a Scrooge, Mrs. Gamp, Charles Darnay, ou Oliver Twist, soubo retratar de xeito excepcional a cidade de Londres, importante fonte de inspiración á que adoitaba chamar "lanterna máxica". Nas súas novelas constitúe un personaxe máis á que lle insufla vida coa descrición do ambiente, a xente, a frouma... Dickens foi un autodidacta e gran lector, adiantado da novela por entregas, puxo no foco a explotación infantil, a miseria das condicións de vida do proletariado, a corrupción, as carencias en educación e sanidade dos/das máis pobres. A Biblioteca Central Rialeda adícalle unha exposición bibliográfica para celebrar este bicentenario. Poderás levar en préstamo os textos máis coñecidos do autor inglés (algúns en lingua galega, castelán ou inglés), a película Oliver Twist, interpretada entre outros por Alec Guinness, Robert Newton e Francis L. Sullivan, así como guías de viaxe sobre a súa amada cidade de Londres, sede dos XXX Xogos Olímpicos, neste 2012.

As nosas bibliotecas, destacadas na páxina web do CILIJ

O Centro Internacional del Libro Infantil y Juvenil (CILIJ) da prestixiosa Fundación Germán Sánchez-Ruipérez, a través da súa nova páxina web, destaca ao Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais do noso Concello.


A Fundación Germán Sánchez-Ruipérez é unha institución privada e independente sen fins de lucro creada en 1981 polo editor español Germán Sánchez-Ruipérez. Adicada á actividade educativa e cultural, centra a meirande parte dos seus programas na difusión e extensión da cultura do libro e da lectura.

03/03/12

Hora do conto: do 5 ao 8 de marzo

Aquí tes a programación desta semana da hora do conto,
Todas as sesións son ás 18:30 horas.
Biblioteca Pública Municipal "Mª José Ruso". Dorneda
Luns 5 de marzo
CONTACONTOS: Eduvía
TÍTULOS: "Contacontos pola convivencia e a igualdade": “Gatiño negro-branco”, “O vello e o neno”, "Non se permiten rapazas", "A princesa Elisabeth", "Neno ou nena "






Biblioteca Pública Municipal "Federico García Lorca". Montrove
Martes 6 de marzo
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULO: "Ernesto", "O libro dos porcos", "Un mundo de mamás", "Corre, Mary corre"

Biblioteca Pública Municipal "Xograr Mendiño". Lorbé


Mércores 7 de marzo 
CONTACONTOS:  Ratiña Carolina da Compañía do Trinke Trinke
TÍTULOS: “Fab, o monstro amarelo “, “Gato Guille e os monstros”

Biblioteca Pública Municipal "Rosalía de Castro". Santa Cruz
Mércores 7 de marzo
CONTACONTOS: Andrea Bayer
TÍTULOS: “A bruxa Mimi “, “Monstros divertidos”, “Os dous corcovados”, “As pousadeiras do rei” 

Biblioteca Central "Rialeda". Perillo
Xoves 8 de marzo
CONTACONTOS: Marisa Irimia
TÍTULOS: "A miña veciña éche unha bruxa (Historia dunha rapaza valente)", "A pirata escarlata"

(AVISO: Os títulos programados poden sufrir variacións en función do público asistente)

02/03/12

Novidades DVD Cine en Rialeda: marzo 2012

14 novos títulos para empezar o mes
Achégate polo 2º andar da biblioteca ou consulta o listado online


Podes reservar algún título en caso de atoparse prestado, a través do catálogo
(necesario iniciar sesión) 

Recomendacións en Radioleiros: 2 de marzo

- Xuvenil:
"Oliver Twist" de Charles Dickens, editado por Galaxia.
Un neno orfo criado nun hospicio vai medrando no medio dun montón de dificultades e aventuras.

- Mozos/as e adultos/as:
"Gilead" de Marilynne Robinson, editado por Galaxia Gutemberg.
Un pai que ve próxima a hora da súa morte escríbelle unha emotiva carta de despedida ao seu fillo de sete anos.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.