Día: martes 4 de maio.
Hora: 20:00 horas.
Lugar: Teatro As Torres de Santa Cruz.
Intervirán: o autor, Pepe Carballude; o director da editorial Galaxia, Francisco Castro e a profesora de lingua galega e literatura e crítica literaria, Inma Otero. Contarase coa interpretación musical de Andrea Carballude.
"A pintora libertaria", publicada pola editorial Galaxia, fai un percorrido pola política municipal, a construción, a falsificación de obras de arte e a educación, mentres se fai un repaso dos grandes nomes da nosa pintura arredor da figura da máis libre e grande artista galega, Maruja Mallo.
En atención ás indicacións e medidas de seguridade fronte ao COVID-19, a presentación terá aforo limitado.
Desde as bibliotecas municipais invítase ás persoas que desexen asistir ata completar o aforo permitido.
No hay comentarios:
Publicar un comentario