- Infantil (a partir de 8 anos):
A fuga de Guillermo, de Helena Villar Janeiro con ilustracións de Luz Beloso
Galaxia, 2021
Hai personaxes tan vivos que saen dos libros e deciden dar un paseo polo mundo exterior. É o caso de Guillermo que coñece a unha avoa adoptiva quen lle axudará nesta experiencia.
Poeta, narradora e fotógrafa, Helena Villar Janeiro (1940, Becerreá) tráenos esta emotiva historia.
- Mozas/os e adultas/os:
XelArias: palabra á intemperie, de Emma Pedreira con ilustracións de Laura Romero
Baía, 2021
Unha conversa a tres bandas entre a autora, a ilustradora e Xela Arias conformando unha biografía distinta dunha poeta tan interesante como transgresora nunha edición moi coidada de grande valor estético.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario