9/6/20

Día Internacional dos Arquivos 2020: empoderar sociedades do coñecemento

https://bamadgalicia.wordpress.com/2020/06/08/dia-internacional-dos-arquivos-2020-empoderar-sociedades-do-conecemento
A aprendizaxe non debe estar restrinxida a unha etapa da vida das persoas nin reservada a unha élite, senón que debe ser permanente e inclusiva. Na busca dese coñecemento resulta fundamental o acceso á educación e á información. Os arquivos, que son información e son cultura desenvolven un papel fundamental na consecución destes obxectivos. A intelixencia artificial e as tecnoloxías da información e a comunicación resultan ferramentas que están cambiando a nosa forma de traballar para lograr que o acceso aos documentos e aos datos sexa un proceso sinxelo, fiable e seguro e que a súa preservación sexa sostible no tempo.
Hoxe, 9 de xuño, é o Día Internacional dos Arquivos, e baixo o lema "Empoderar sociedades do coñecemento", estas institucións especializadas na preservación da memoria e a súa proxección cara o futuro, organizan diversos actos para dar a coñecer as súas funcións e divulgar os seus fondos. Por exemplo, desde os Archivos Estatales do Ministerio de Cultura y Deporte organizan, entre outras, a emisión da película documental "Tu boca en los cielos", do xornalista e realizador Miguel Ángel Nieto Solís, sobre a saída da poboación sefardí de España en 1492 cara o Magreb. A película documental está dispoñible en aberto na web do Ministerio de Cultura e Deporte. Esta actividade completarase co coloquio virtual sobre "Éxodo dos sefardíes" que se realizará ás 12:00 h. a través de Zoom. A asistencia é libre ata completar aforo, previa inscrición.

No hay comentarios:

Publicar un comentario