Sabela Gago ten un amplísimo currículo como actriz teatral e audiovisual, docente e directora de espectáculos e narradora oral. Pertence a Sarabela Teatro, grupo que leva corenta anos facendo teatro porque "por unha banda, é unha necesidade vital, e, por outra, a paixón inevitable dun grupo de exploradores, aquelas e aqueles que decidimos vivir coa “alta vixilia do poeta”. Hoxe, Sabela, ofrécenos o conto "Dez xoaniñas" do fermoso libro de Xoán Babarro "Dez eran dez", que temos ao teu dispor nas nosas bibliotecas. Recibe o estupendo agasallo que nos fai Sabela e que che facemos chegar a través do noso blog e a web municipal. Este vídeo proponos unha divertida actividade plástica para facer despois da contada, anímaste? Moitas grazas, Sabela!
Seguimos gozando coa narración de contos, seguimos gozando coas historias lindas das-dos nosas-os contadoras-es!
Seguimos gozando coa narración de contos, seguimos gozando coas historias lindas das-dos nosas-os contadoras-es!
No hay comentarios:
Publicar un comentario