12/6/20

Recomendacións en Radioleiros: 12 xuño 2020

https://youtu.be/ZWXgY1MDHno
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1355864&branch_group_limit_txt=Oleiros%20-%20Biblioteca%20Central%20Rialeda&branch_group_limit=branch%3AOLE1- Infantil:
"Nemo e Sabela polos parques de Compostela" de Paco López-Barxas. Ilustracións de Isabel Pintado. Editado por Teófilo Comunicación.
Os gatos Nemo e Sabela acompáñannos polos parques de Compostela, de San Domingos de Bonaval ao Pedroso, coñecendo a súa historia, características e anecdotario. Valle-Inclán, Eugenio Granell, Rosalía de Castro e as Dúas Marías, entre outros, figuran nesta historia magníficamente ilustrada por Isabel Pintado.

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1794973&branch_group_limit_txt=Oleiros%20-%20Biblioteca%20Central%20Rialeda&branch_group_limit=branch%3AOLE1
- Mozas-os e adultas-os:
"Un asunto demasiado familiar" de Rosa Ribas. En Tusquets.
Dispoñible en eBiblio
O barrio barcelonés de Sant Andreu é o centro dunha historia detectivesca que comeza coa busca dun rapaz desaparecido, fillo dun empresario da construción. A Barcelona alonxada do turismo, unha zona de distancias curtas onde todo o mundo sabe da-do veciña-o, é o fondo desta trama ben traballada.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario