- A CNLCA de Ferrolterra e Edicións Embora puxo en marcha "As pitas baixo a choiva", iniciativa educativa da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra inspirada libremente no conto do mesmo título de Ricardo Carvalho Calero. Este proxecto reúne o conto, a música e unidade didáctica.
Conto: álbum ilustrado co texto orixinal do relato "As pitas baixo a choiva" (consulta dispoñibilidade), publicado por Ricardo Carvalho Calero na revista arxentina Lar en 1952. A presente edición, ilustrada por Alberto Toval, respecta a grafía orixinaria escollida polo autor.
Música: Letra e música de Pepablo Patinho Penya e Nacio Herb Brown. Arranxos instrumentais e vogais, Xil López Sánchez. Voz principal, Andrea Picos Rodiles. Piano, Xil López Sánchez. Viola, David Canoura López. Guitarras e acordeón, Alberto José Fuentes García. Gaita, Juan Rodríguez Silvar. Percusión, Pablo Vergara Pérez. Viloncello, Lucía Hermida Vivero. Coro "Son do Sofía", dirixido por Almudena Armada Rodríguez.
Unidade didáctica: foi elaborada por un grupo de traballo coordinado pola Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra. Componse de actividades interdisciplinares e para idades comprendidas entres os 3 e 11 anos.

- Vídeo da "versión froiteira" de "As pitas baixo a choiva", de Costa Oeste. Crea os personaxes do relato "As pitas baixo a choiva" a partir dun conxunto de froitas que ao final poderás convertir na túa merenda ao tempo que gozas cunha lectura que narra un recordo da infancia do autor.
- Nubes Baixo Ti. A youtubeira Eira, fala na súa canle de temas que che interesan: recoméndache libros, series, fotografía, música.... Tamén ten contidos de cociña, manualidades, viaxes, debuxo, maquillaxes...
- Vídeo da versión de "As pitas baixo a choiva" de Contos dende a casa do CEE Terra de Ferrol.
#MesDasLetras
No hay comentarios:
Publicar un comentario