29/5/20

Libros sobre un rectángulo verde (para calmar a espera)

https://www.mandy-barker.com/penalty-2
Disque a pelota volverá a roular para comezos de xuño. Mentres tanto, para aquelas-es afeccionadas-os que se desasosegan coa espera, ofrecemos, a xeito de placebo, dúas novelas co fútbol de fondo: "Cómo llegamos a la final de Wembley" de J. L. Carr e "El regate" de Sérgio Rodrigues e dous interesantes volumes sobre o xogo das-dos 22: o "Libro del fútbol y otros juegos de pelota", edición de Pablo Nacach e o adicado ao mellor e o máis elegante, "Luís Suárez: fútbol de seda" de Xan Fraga. Se son moitas as saudades, pódense aplicar dúas doses de Hernán Casciari: escoita os contos, "No me importa el fútbol" e "Messi es un perro".
A imaxe que ilustra esta entrada pertence á exposición Penalty (Penalti) da artista Mandy Barker coa que quixo fomentar a conciencia sobre o grave problema da contaminación mariña poñendo o foco no fútbol como símbolo global. O proxecto implicou a colaboración de persoas de todo o planeta a través da convocatoria en redes sociais para que a xente recollese e publicase a imaxe das pelotas que atopasen no mar ou na costa. O título da expo fai referencia á sanción máxima por incumprir o regulamento do fútbol e ao prezo que pagaremos todas-os se non coidamos os mares reducindo o consumo de plástico e facéndonos responsables da súa reciclaxe.
Xa sabes, para levar materiais en préstamo ou facer devolucións, has de pedir cita previa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario