Para a celebración do Día Mundial do Teatro de 2020, Shahid Mahmood Nadeem, xornalista paquistaní, dramaturgo, guionista, director de teatro e televisión e activista de dereitos humanos, asina a súa mensaxe. O teatro, para selo, quere público, quere ese alguén do outro lado da escena, lugar natural de actrices e actores.
Mentras reservamos a explosión de aplausos ás 20:00 h. desde fiestras e balcóns para as-os protagonistas do urxente, ofrecemos teatro a través da pantalla.
Hoxe vai "A cabeza do dragón”, de Producións Teatrais Excéntricas. Esta obra de Valle-Inclán, formaba parte dunha colección de farsas que, titulou, irónicamente, “Retábulo de marionetas para educación de príncipes”. "A cabeza do dragón" gañou 4 Premios de Teatro María Casares que outorga anualmente a Asociación de Actores e Actrices de Galicia nas categorías Mellor Adaptación-Tradución (Quico Cadaval), Iván Marcos como Mellor Actor Protagonista, Víctor Mosqueira como Mellor Actor Secundario e Suso Montero ao Mellor Vestiario. Goza de máis na web da Teatroteca do Centro de Documentación Teatral do Inaem.
Arriba o pano!
No hay comentarios:
Publicar un comentario