Ás 9:20 e ás 11:00.
Actividade dirixida ao alumnado de 2º A, B e C de Educación Primaria do CEIP Valle-Inclán de Perillo.
A cargo da autora, actriz e contacontos Soledad Felloza.
A cargo da autora, actriz e contacontos Soledad Felloza.
"A cociñeira do rei" obra reivindica a memoria dos sabores, como parte da identidade, a investigación de receitas tradicionais e a recuperación de receitas familiares ou da zona. Mergúllanos nun mundo de cores, sabores e olores característicos da cociña tradicional, a que se fai a lume manso, con amor e produtos frescos da terra. Coas súas mellores receitas, preséntanse en palacio cociñeiros de todos os lugares. E tamén Mencía, unha cociñeira decidida que, malia ter visto que no bando poñía claramente que buscaban un cociñeiro, non se acovarda e, botando man do recetario da súa avoa, que contén un segredo moi particular, elabora un menú que chega directo ao corazón do rei. Cal pode ser o segredo?
No hay comentarios:
Publicar un comentario