27/2/15

Recomendacións en Radioleiros: 27 de febreiro

http://www.ipernity.com/doc/284673/37232824
  http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-search.pl?q=canci%C3%B3n+de+Shao+L%C3%AD&idx=ti - Infantil (nenas e nenos a partir de 12 anos):
"La canción de Shao Li" de Marisol Ortiz de Zárate, editado por Bambú.
Natalia é seleccionada para participar nun programa televisivo navideño que se grabará en Londres. Vai cantar unha canción chinesa que aprendeu da súa amiga Shao Li, no centro de acollida onde estivo, co fin de gañar o premio que lles solucione os problemas económicos a ela e a súa familia. No tumulto do metro londinense Natalia e o seu irmán Airon despístanse da nai e do seu mozo, as rúas frías e inhóspitas de Londres convírtense no seu “bosque tenebroso” particular.
 

- Mozos-as e adultos-as:
"Sete caveiras" de Elena Gallego Abad, en Xerais.
Marta Vilas xornalista de profesión, persegue a resolución dun caso para o xornal no que traballahttp://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=110901. Unha serie de cadáveres aparecen aboiando na ría de Vigo, dos cales a propia xornalista é testemuña da aparición do primeiro, o que lle facilita atopar un pequeño click de Famobil que caeu do peto do morto. Estes pequenos bonecos van aparecendo nos lugares onde se van atopando os corpos; cada click representa un motorista, un representante das forzas e corpos de seguridade do estado, un pirata, un pallaso... actividades relacionadas coas profesións dos asasinados… 
 
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario