20/3/13

Biblioteca de Santa Cruz: Día Mundial da Poesía

Para conmemorar o “Día Mundial da Poesía” (21 de marzo), no vestíbulo da Biblioteca Municipal "Rosalía de Castro"de Santa Cruz poñemos a disposición dos/as usuarios/as a "Rúa da Poesía".
Podes traer as túas creacións ou podes usar as palabras doutros/as autores/as. Se o preferes, enviánolas por e-mail a: biblioteca.santacruz@oleiros.org e nós colocarémolas nesta singular travesía da nosa biblioteca.
"A poesía é unha viaxe: non unha viaxe fóra da realidade, senon as máis das veces ao máis íntimo das emocións, ás reivindicacións e ás esperanzas das persoas. A poesía dá forma aos soños dos pobos e ás expresións máis altas da súa espiritualidade; a poesía dá tamén valor para cambiar o mundo."
da Mensaxe da Directora Xeral da UNESCO, Irina Bokova, con ocasión do Día Mundial da Poesía 2013


No hay comentarios:

Publicar un comentario