Fermosa obra de aire africano que nos fala da importancia das árbores, da súa protección e coidado.
Karin perdeu a súa nai no mercado. Marchou correndo detrás dun rabaño de cabras e cando se deu conta xa non a vía. Tiña sede, fame e medo e non sabía volver, pero as árbores déronlle confianza e protexérono.
Pero este libro non só fala da axuda que as árbores prestan ás persoas, senón tamén da necesaria reciprocidade, de que as persoas debemos coidar das árbores e así o neno di que cando sexa maior será gardián das árbores.
Recomendación en conmemoración do Día Mundial da Árbore (Día Internacional dos Bosques).
- Moz@s e adult@s:

Ríos de letras : antología de la imagen del agua y de los ríos en la literatura, de Pedro Brufao Curiel e Manuel García Castellón-Benarroch. Ilustracións de Marina Arespacochaga
Libros Clan A. Gráficas, S.L.
Antoloxía de textos literarios, principalmente poesías, sobre a auga e os ríos, desde as primeiras manifestacións nas culturas orientais ata as máis recentes en lingua española. Unha obra que nos presenta a importancia da auga e dos ríos en diferentes culturas ao longo da historia da humanidade.
Comeza cun texto da Saga de Gilgamesh, dos antigos sumerios, que data do século XXVII a. C., pero tamén nos presenta outros da Biblia, da Iliada, da Odisea, de Unamuno, Pío Baroja, Marc Twain, Emilia Pardo Bazán, Horacio Quiroga, Blasco Ibáñez; poesías de Jorge Manrique, Garcilaso de la Vega, Rosalía de Castro, Antonio Machado, Nicolás Guillén, Quevedo, Gertrudis Gómez de Avellaneda, Juan Ramón Jimenez, Federico García Lorca, etc.

Recomendación en conmemoración do Día da Auga, que se suma ao Ano Internacional da Cooperación na Esfera da Auga.
O 21 de marzo tamén foi proposto pola UNESCO como o Día Mundial da Poesía “co propósito de consagrar a palabra esencial e a reflexión sobre o noso tempo”. Desexamos finalizar cunha estrofa de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, que figura igualmente nesta obra: “Adiós ríos, adiós fontes,
adiós regatos pequenos,
adiós vista dos meus ollos,
non sei cándo nos veremos.”
No hay comentarios:
Publicar un comentario