19/3/13

Biblioteca de Dorneda: Día Mundial da Poesía


Na Biblioteca Pública Municipal “Mª José Ruso” de Dorneda estamos a celebrar o Día Mundial da Poesía (21 de marzo) cunha serie de actividades:

- Exposición bibliográfica con libros de poesía infantil e de adultos.
- “Dáme un verso" , cubriremos os nosos espazos con aqueles poemas, versos, etc., tanto orixinais como alleos que nos fagas chegar.
- “Entendemos a poesía”, poderás ler, e facer un debuxo alusivo á temática das poesías que che propoñemos.

Todos os/as usuarios/as poderán facerse cun marcapáxinas de Rosalía de Castro ao longo destas datas.

Esta actividade poderás disfrutala ata finais de marzo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario