23/3/12

Recomendacións en Radioleiros: 23 de marzo

- Xuvenil:


La vuelta al mundo de un forro polar rojo, de Wolfgang Korn
Editado por Siruela

Unha viaxe pola globalización co exemplo da fabricación, distribución, uso e reciclaxe dun forro polar.

De plena actualidade para entender o ciclo e as súas consecuencias sociais e medioambientais.

- Mozos/as e Adultos/as:

Todo lo que tengo lo llevo conmigo, de Herta Müller
Editado por Siruela

Narración sobre a deportación de poboación romanesa de orixe alemá á Unión Soviética despois da II Guerra Mundial.

Herta Müller (1953), filla dunha deportada, escrebe unha novela baseada nas lembranzas dun amigo que pasou por esta experiencia.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario