21/3/12

Ler para saber A CIENCIA: 23 de marzo

Esperámoste na Biblioteca Central Rialeda (2º andar), o venres 23 de marzo ás 18:30, para participar nesta actividade dirixida a nenos e nenas a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral.

Primeiramente, Daniel Sánchez e Irene Casás, de 1º de ESO do IES Neira Vilas de Perillo, realizarán unha breve presentación sobre  "Os romanos".

A continuación, Andrés Martínez Lage, profesor titular da Universidade da Coruña, Vicedecano de Bioloxía, Departamento de Bioloxía Celular e Molecular, área de Xenética, nos ofrecerá a charla científica titulada “O xardín de Mendel".

Seleccionamos para ti libros para esta charla científica.

No hay comentarios:

Publicar un comentario