"Dame un verso"
Achégate á biblioteca cun verso ou unha poesía que te emocione, que teña ese "algo" especial. Pode ser tanto allea como creada por ti. Todos os versos que aportedes serán expostos en diferentes sitios da biblioteca.
Sen dúbida descubriredes que a poesía tamén pode ser divertida, entretida, con sentimentos e entendible."Entendemos a poesía"
Ofreceremos diferentes composicións poéticas para que as recites e ilustres o qué che suxire. Exporemos todos os vosos debuxos.
“Exposición bibliográfica sobre Celso Emilio Ferreiro no centenario do seu nacemento”
Con todo o material do que dispoñemos que trata sobre o autor o que foi escrito por él, faremos unha presentación bibliográfica amena e gráficamente atractiva.
No hay comentarios:
Publicar un comentario