17/4/15

Hora do conto e actividades de animación á lectura: de 21 a 24 de abril

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-20725.pdf
http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Hora%20do%20ContoTodas as sesións celebraránse ás 18:30
 Biblioteca Pública Municipal “Federico García Lorca”. Montrove
Martes 21 de abril
CONTACONTOS: Paula Carballeira
TÍTULO: “Contos que trouxo o vento do norte para que escoiten as túas orellas”

Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz
Mércores 22 de abril
Para nenas-os de 1 a 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626338)
CONTACONTOS: Chus Álvarez de Cucarandainas
TÍTULO: “EntreCaixas”

Biblioteca Central “Rialeda”. Perillo
Xoves 23 de abril
Para nenas-os de 3 a 12 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639511, chama a partir do luns 20 de abril) Prazas agotadas!!!
COMPAÑÍA: Títeres Cachirulo
ACTIVIDADE: “O libro da selva”

Biblioteca Pública Municipal “Mª José Trincado”. Mera
Venres 24 de abril
CONTACONTOS: Lilí Gruyere de Trinke Trinke
TÍTULO: “Avós”

Recomendacións en Radioleiros: 17 de abril

http://www.ipernity.com/doc/284673/37778620/in/album/748070
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=5739- Infantil (menores de 8 anos):

Uno y siete, de Gianni Rodari e ilustrado por Beatrice Alemagna
SM, 2001

Sete nenos de paisaxes urbanas e países diferentes, pais de distintos oficios e cores de pel. A historia dun neno que á vez é sete nenos máis, exemplo de integración de Gianni Rodari, premio Andersen e magníficamente ilustrada por Beatrice Alemagna.

- Mozos/as e adultos/as:

http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=24495Vidas exemplares, de Uxía Casal
Xerais, 2006

Os protagonistas dos 21 relatos son persoeiros trastornados que están no fío da navalla, entre a loucura e a cordura, entre o explicable e o incomprensible. Ao longo dos mesmos, destacamos a capacidade de sorpresa e marabillamento coa que mantén en vilo ao lector. Formato recomendábel para a fin de semana pola axilidade e frescura dos textos.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

14/4/15

Günter Grass e Eduardo Galeano, voces irrepetibles

http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=au%2Cwrdl&q=grass%2C+gunter&limit=+%28branch%3A+OLE1++or+branch%3A+OLE2++or+branch%3A+OLE3++or+branch%3A+OLE4++or+branch%3A+OLE6++or+branch%3A+OLE7++or+branch%3A+OLE8++or+branch%3A+OLE9+%29&sort_by=title_az&addto=
Na Biblioteca Central Rialeda ofrecemos unha mostra de obras dos autores Günter Grass e Eduardo Galeano, recentemente falecidos.

O uruguaio Eduardo Galeano, xornalista e escritor comprometido coa dignidade dos pobos latinoamericanos, apaixoado do fútbol e da cultura, podese considerar un humanista do século XX. Encarcerado no ano 1973, a súa obra foi censorada polas dictaduras arxentina, chilena e uruguaia. Con todo, a súa obra foi traducida a unha veintena de linguas. Curiosamente a súa opinión acerca da súa obra capital "Las venas abiertas de América Latina" non é nada condescendente: "non tiña a formación axeitada nin o coñecemento debido de política e economía".
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=au%2Cwrdl&q=grass%2C+gunter&limit=+%28branch%3A+OLE1++or+branch%3A+OLE2++or+branch%3A+OLE3++or+branch%3A+OLE4++or+branch%3A+OLE6++or+branch%3A+OLE7++or+branch%3A+OLE8++or+branch%3A+OLE9+%29&sort_by=title_az&addto=
O autor alemán Günter Grass foi investido co Premio Nobel no ano 1997 e o Premio Príncipe de Asturias en 1999. Neste caso, o compromiso do autor de "El tambor de hojalata" remitese ao pasado recente do seu país. As súas opinións, frecuentemente polémicas, incluíndo o seu recoñecemento de ter sido membro das SS en tempos de Hitler ("Piel de cebolla"), son, con todo, referencia moral e política no país xermano. Crítico coa reunificación e coa deriva europea no século XXI, resume a súa esperanza contra a devaluación da cultura e o humanismo cunha sinxela frase: "Non hai espectáculo máis fermoso que a mirada dun neno que le".

Podes botar unha ollada aos títulos na planta baixa da biblioteca, xusto antes do acceso á escaleira principal.

Tertulia literaria en Rialeda: 15 de abril (Grupo A)

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEg-Y9Tfw0WmxutFIL-CRHLhieum-eRyIXGvLPH9v23whPqTodARESAcW4Rvw_WDyH5lf_C5zDcDm__PciABFlwaf_KMBm1kt-4tYxBiseqvLkdlN49OVUGCHB1zzWsfH2GrQm0AzaRtjGM/s1600/logo+grupo+B_pq.JPG
Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=122717&name=DLFE-21298.pdf
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comentario de "Las buenas personas" de Nir Baram.
Documentación
Obras de Nir Baram nas nosas bibliotecas.

A seguinte obra programada é "El libro de arena" de Jorge Luis Borges.

15 de abril: Inicio 3º trimestre na Tertulia Literaria (Grupo A)

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas/actividades/promo-lectura/tertulias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=122717&name=DLFE-21321.pdfNa Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comenzamos o 3º e último trimestre nas Tertulias literarias da Biblioteca Central Rialeda no Grupo A.

 
Datas:
- Abril: días 15 e 29
- Maio: días 13 e 27
- Xuño: día 10

Pode apuntarse á actividade:
- A través da páxina web do Concello de Oleiros.
- Persoalmente na Biblioteca Central Rialeda.
- Por teléfono (981 639 511) no horario da biblioteca.

13/4/15

Actividades de promoción da lectura "Abril, libros mil": de 13 a 17 de abril

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-21135.pdf
As Bibliotecas Municipais de Oleiros, conmemoran durante todo o mes e baixo o título de “Abril, libros mil”, o Día Internacional do Libro, organizando numerosas actividades de promoción da lectura para dinamizar as bibliotecas como espazos de ocio e aprendizaxe dirixidos a toda a poboación, actos que abarcan diferentes idades e distintos formatos:


Contacontos para nenas e nenos de 5 a 12 anos (ás 18:30 h.):
- 13 de abril: Biblioteca de Dorneda, con Trinke Trinke.
- 14 de abril: Biblioteca de Oleiros, con Ramiro Neira.
- 15 de abril: Biblioteca de Santa Cruz, con Gemola.
- 16 de abril: Biblioteca de Lorbé, con Caxoto.
- 17 de abril: Biblioteca de Nós. con Pablísimo.

http://www.unesco.org/new/es/unesco/events/prizes-and-celebrations/celebrations/international-days/world-book-and-copyright-day-2014/
Contacontos para nenas e nenos de 1 a 4 anos (ás 18:30 h.):
- 16 de abril: Biblioteca Central Rialeda, con Cucarandainas. Prazas esgotadas!!!

Tertulias literarias para mozas/os e adultas/os:
- 15 de abril: Biblioteca Central Rialeda (grupo A): comentario de "Las buenas personas" de Nir Baram.
- 22 de abril: Biblioteca Central Rialeda (grupo B): comentario de "La invención de Morel" de. A. Bioy Casares.
Na tertulia da Biblioteca de Santa Cruz estase lendo "Olive Kitteridge" de Elizabeth Strout.

Actividades para o alumnado dos centros públicos de ensino de Oleiros:

Biblioteca Central Rialeda:
- 14 de abril: Soledad Felloza con "Bailar nas nubes".
- 15 e 17 de abril: Visitas programadas incluíndo o contacontos "Feirantes" con Ramiro Neira.

Biblioteca de Santa Cruz:
- 14 de abril: Elefante elegante con "Lobo bobo".
- 16 e 17 de abril: Obradoiro de ilustración "Sensacións debuxadas" con Manel Cráneo.

Encontro coa escritora e activista Thamizhachi Thangapandian 
http://www.thamizhachithangapandian.com/

O luns 13 de abril, ás 10:45 horas, estará nas Torres de Santa Cruz a escritora e activista támil Thamizhachi Thangapandian para ter un encontro con alumnado dos tres institutos de Oleiros. Esta poeta visita Galicia a través da organización galega de cooperación ao desenvolvemento Implicadas no Desenvolvemento. A autora támil non é só unha das voces máis prestixiosas da escrita poética en lingua támil, senón que tamén é unha traballadora incansable a prol da palabra das mulleres.

Nas vindeiras semanas proseguirán máis actividades para o alumnado: “De Fole a Miranda” que é un contacontos de relatos de Ánxel Fole e Xosé Miranda; “Mitos e deidades: Mitoloxía da antiga Gallaecia” conferencia a cargo de Manuel Gago; recital de poesías de “Campos de Castilla” de Antonio Machado; “Mulleres que corren con lobos” a cargo de Inés Cuadrado e o músico Xocas Meijide; obradoiro xuvenil de poesía coa poeta Yolanda Castaño; actividade sobre Martín Codax co músico Juan Carlos Vázquez; “Contos escollidos” de Emilia Pardo Bazán a cargo de Soledad Felloza.

10/4/15

Hora do conto: de 13 a 17 de abril

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-20725.pdf
http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Hora%20do%20ContoTodas as sesións celebraránse ás 18:30
Biblioteca Pública Municipal “Mª José Ruso”. Dorneda 
Luns 13 de abril
CONTACONTOS:Lilí Gruyere de Trinke Trinke
TÍTULO: "Contos de Perrault"
 
Biblioteca Pública Municipal “Manuel María”. Oleiros
Martes 14 de abril
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: "Os contos teñen flor"
 
Mércores 15 de abrilMONITORADO: Gemola
TÍTULO: “Historias incribles”
Para nenas-os de 1 a 4 anos Aforo completo!!!
CONTACONTOS: Cucarandainas
TÍTULO: “PequeNiños” 
Xoves 16 de abril
CONTACONTOS: Caxoto
TÍTULO: “Días de libros” 

Biblioteca Pública Municipal “Ánxel Fole”. Nós
Xoves 16 de abril
CONTACONTOS: Pablísimo
TÍTULO: “Chismes, lerias e outras historias”

Recomendacións en Radioleiros: 10 de abril

http://www.ipernity.com/doc/284673/37755294/in/album/748070
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=115866- Infantil (a partir de 6 anos):
"Augusta e os seus medos" texto de Sabela Fernández Trelles e ilustracións de Alicia Súarez, editado por Xerais.
Álbum ilustrado que nos fala de Augusta, unha nena que desexa facer moitas cousas, pero como é moi medrosa non se atreve con ningunha. Seu avó dille que está chea de soños, pero que non vai poder realizar ningún. Un día, cansa de sentirse así, pídelle axuda aos seus pais. A partir dese momento, terá que pasar diferentes probas para decatarse de que a única forma de superar os seus medos é enfrontándose a eles. Suxestivo relato, cunhas fermosas e coloridas ilustracións, que mostra como unha persoa pode superar os medos se solicita axuda.
 
- Mozos-as e adultos-as:
"La delicadeza" de David Foenkinos en Seix Barral.
Novela que nos presenta a Nathalie, unha moza fermosa e discreta, felizmente casada con
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=ti&q=delicadeza&idx=au%2Cwrdl&q=foenkinos&idx=kw&sort_by=relevance&do=Aceptar
François.  Levan unha vida feliz, pero, un día, el sae a correr e é atropelado. Pouco despois morre. Por esta causa, ela céntrase no seu traballo, dedícalle todas as súas horas. Pero cando menos o espera, volve a namorarse...
O autor fai referencias a distintos autores e obras clásicas (Bella del señor de Albert Cohen, Rayuela de Cortazar, El amante de Marguerite Duras, La separación de Dan Franck, etc).
É unha fermosa historia, que nos fala de emocións e sentimentos, de non perder nunca a esperanza, de que volver a sorrir é posible, de que hai que aproveitar eses pequenos momentos que moitas veces nos ofrece a vida. É un canto á vida é á esperanza.
Foi galardoada con dez premios (o Premio dos Lectores de Télégramme, Premio An Avel, etc.) e quedou finalista dos grandes premios literarios franceses (Goncourt, Renaudot, Médicis, Fémina, Interallié…Tamén levada ao cine, a película está dirixida polo propio autor e por seu irmán Stéphane. 

 
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

9/4/15

A poeta támil Thamizhachi Thangapandian estará n'As Torres de Santa Cruz: 13 de abril

http://www.thamizhachithangapandian.com/
O luns 13 de abril ás 10:45 no Teatro As Torres de Santa Cruz (Oleiros) a poeta támil Thamizhachi Thangapandian terá un encontro con alumnado do IESP Neira Vilas (Perillo), IES Miraflores (Oleiros) e IES María Casares (Santa Cruz).
T. Sumathy coñecida no mundo literario como Thamizhachi Thangapandian é licenciada en filoloxía inglesa con especialidade en literatura inglesa polo Thiagarajar Arts College de Madurai, en Támil Nadu (India). Entre o 1996 e o 2008 traballou como docente no Queen Mary’s College de Chennai. Como investigadora recibiu unha bolsa do AIC (Australia India Council) en 2004 e doutorouse pola University of Madras en 2010.

Ademais de ser unha poeta de gran recoñecemento en lingua támil, as súas áreas de interese inclúen as literaturas poscoloniais (en particular de Sri Lanka e de Australia); literaturas da diáspora (en particular da diáspora támil de Sri Lanka), a tradución, crítica e as artes escénicas (o teatro támil).
Ata o momento publicou 12 obras en támil e unha en inglés. Neste momento dedícase en exclusiva á escrita e á interpretación.
 
Entre os días 7 e 14 de abril a organización galega de cooperación ao desenvolvemento http://issuu.com/bibloleiros/docs/cartel_visita_thamizhachi
Implicadas no Desenvolvemento convida a artistas e cidadanía a compartir tempo e traballo coa escritora e activista támil Thamizhachi. A autora támil non é só unha das voces máis prestixiosas da escrita poética en lingua támil, senón que tamén é unha traballadora incansable a prol da palabra das mulleres. Thamizhachi ten colaborado con Implicadas nos seus programas de cooperación ao desenvolvemento en Támil Nadu.
A visita de Thamizachi enmárcase no proxecto REACTIV_ARTE organizado por Implicadas e financiado pola Dirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia.
REACTIV-ARTE é unha iniciativa promovida por Implicadas no Desenvolvemento que vincula a arte e o activismo feminista no marco da cooperación ao desenvolvemento. Esta idea materialízase na visita de tres “artivistas” de Támil Nadu, o estado do Sur da India no que traballa Implicadas dende o ano 1998.

6/4/15

Actividades de promoción da lectura para o alumnado dos centros de ensino público: de 7 a 10 de abril

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-21135.pdf
As Bibliotecas Municipais de Oleiros, na semana do 7 ao 10 de abril levarán a cabo as seguintes actividades de promoción da lectura dirixidas a alumnado dos centros de ensino público de Oleiros:  

- Biblioteca Central Rialeda. Perillo
O martes 7 de abril, ás 11:00, o autor Manuel Gago e a actriz e contacontos Soledad Felloza presentan a actividade "Mitos e deidades na época dos castros: da ciencia á literatura". Participa alumnado de 1º de ESO do IESP Neira Vilas.
 
O mércores 8 de abril, Soledad Felloza levará a cabo a actividade "De Fole a Miranda". Haberá dúas sesións: ás 9:00 participa o alumnado de 2º A e B de ESO e ás 11:00, o alumnado de 2º C de ESO, ambos do IESP Neira Vilas.
 
O xoves 9 de abril, Soledad Felloza desenvolverá un recital de diferentes poesías de "Campos de Castilla de Antonio Machado" para alumnado de 2º de bacharelato do IESP Neira Vilas. Ás 11:00.
 
O venres 10 de abril, ás 11:00, Soledad Felloza estará con "Contos escollidos de Emilia Pardo Bazán" para alumnado de 1º de bacharelato do IESP Neira Vilas.

- Biblioteca Municipal Rosalía de Castro e As Torres de Santa Cruz
O martes 7 de abril, ás 11:50, terá lugar o recital de lendas titulado "Mulleres que corren con lobos" interpretado por Mª Inés Cuadrado con acompañamento en clarinete de Xocas Meijide. Participará o alumnado de 4º A e B de ESO do IESP Neira Vilas.
 
O mércores 8 de abril, ás 10:30, o alumnado de 6º de EI do CEIP Isidro Parga Pondal de Santa Cruz participará no contacontos teatral "O aviador" a cargo da compañía Elefante Elegante.
 
O xoves 9 de abril, ás 11:00, o alumnado de 3º A e B de ESO do IESP Neira Vilas, participará no obradoiro de poesía, música e pintura titulado "Leixaprem: Martín Codax" a cargo de Juan Carlos Vázquez.
 
O venres 10 de abril, a compañía Elefante Elegante representará o contacontos teatral "Lobo bobo". Haberá dúas sesións: ás 10:15 participará 4º A e B de EI do CEIP Luís Seoane e ás 12:00 5º A e B de EI deste mesmo centro educativo.
 
- Biblioteca do IES Miraflores. Oleiros
O mércores 8 de abril, o alumnado de 4º de ESO deste centro educativo participará no "Obradoiro de poesía xuvenil" que levará a cabo a poeta Yolanda Castaño. Serán dúas sesións: ás 10:30 para o alumnado de 4º C e ás 12:30 para o de 4º D.

Tertulia literaria en Rialeda: 8 de abril (Grupo B)

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas/actividades/promo-lectura/tertulias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=122717&name=DLFE-21299.pdfNa Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comentario de "Los detectives salvajes" de Roberto Bolaño.
Documentación
Obras de Roberto Bolaño nas nosas bibliotecas.

A seguinte obra programada é "La invención de Morel" de Adolfo Bioy Casares.

8 de abril: Inicio 3º trimestre na Tertulia Literaria (Grupo B)

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas/actividades/promo-lectura/tertulias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=122717&name=DLFE-21320.pdfNa Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comenzamos o 3º e último trimestre nas Tertulias literarias da Biblioteca Central Rialeda no Grupo B.

- "La invención de Morel" de Adolfo Bioy Casares
- "La firma de todas las cosas" de Elizabeth Gilbert
 
Datas:
- Abril: días 8 e 22
- Maio: días 6 e 20
- Xuño: día 3

Pode apuntarse á actividade:
- A través da páxina web do Concello de Oleiros.
- Persoalmente na Biblioteca Central Rialeda.
- Por teléfono (981 639 511) no horario da biblioteca.

Tertulia literaria en Santa Cruz: 6 de abril

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas/actividades/promo-lectura/tertulias
http://www.alinabronsky.com/Na Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro"  
Hora: 18 a 20 h.

Comentario da obra "Los platos más picantes de la cocina tártara" de Alina Bronsky. 

A seguinte obra programada é
"Olive Kitteridge" de Elizabeth Strout.

6 de abril: Inicio 3º trimestre na Tertulia Literaria da Biblioteca de Santa Cruz

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas/actividades/promo-lectura/tertulias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=122717&name=DLFE-21319.pdfBiblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro"
Hora: 18 a 20 h.

Comenzamos o 3º e último trimestre coa seguinte programación:



Outros actos:
- Presentación de "Bibliotecarias e bibliotecarios infames" de F. X. Redondo Abal. (20 abril) 
- Presentación de "Falando claro" de Pepe Sendón (1 de xuño)

Datas:
- Abril: días 6 e 20
- Maio: días 4 e 18
- Xuño: días 1 e 8

Pode apuntarse á actividade:
- Persoalmente na Biblioteca de Santa Cruz.
- Por teléfono (981 626 338) no horario da biblioteca.