10/4/15

Recomendacións en Radioleiros: 10 de abril

http://www.ipernity.com/doc/284673/37755294/in/album/748070
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=115866- Infantil (a partir de 6 anos):
"Augusta e os seus medos" texto de Sabela Fernández Trelles e ilustracións de Alicia Súarez, editado por Xerais.
Álbum ilustrado que nos fala de Augusta, unha nena que desexa facer moitas cousas, pero como é moi medrosa non se atreve con ningunha. Seu avó dille que está chea de soños, pero que non vai poder realizar ningún. Un día, cansa de sentirse así, pídelle axuda aos seus pais. A partir dese momento, terá que pasar diferentes probas para decatarse de que a única forma de superar os seus medos é enfrontándose a eles. Suxestivo relato, cunhas fermosas e coloridas ilustracións, que mostra como unha persoa pode superar os medos se solicita axuda.
 
- Mozos-as e adultos-as:
"La delicadeza" de David Foenkinos en Seix Barral.
Novela que nos presenta a Nathalie, unha moza fermosa e discreta, felizmente casada con
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=ti&q=delicadeza&idx=au%2Cwrdl&q=foenkinos&idx=kw&sort_by=relevance&do=Aceptar
François.  Levan unha vida feliz, pero, un día, el sae a correr e é atropelado. Pouco despois morre. Por esta causa, ela céntrase no seu traballo, dedícalle todas as súas horas. Pero cando menos o espera, volve a namorarse...
O autor fai referencias a distintos autores e obras clásicas (Bella del señor de Albert Cohen, Rayuela de Cortazar, El amante de Marguerite Duras, La separación de Dan Franck, etc).
É unha fermosa historia, que nos fala de emocións e sentimentos, de non perder nunca a esperanza, de que volver a sorrir é posible, de que hai que aproveitar eses pequenos momentos que moitas veces nos ofrece a vida. É un canto á vida é á esperanza.
Foi galardoada con dez premios (o Premio dos Lectores de Télégramme, Premio An Avel, etc.) e quedou finalista dos grandes premios literarios franceses (Goncourt, Renaudot, Médicis, Fémina, Interallié…Tamén levada ao cine, a película está dirixida polo propio autor e por seu irmán Stéphane. 

 
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario