Ás 10,20 h.
6/3/14
7 de marzo: A favor da igualdade con Caxoto no teatro As Torres
5/3/14
6 e 7 de marzo: Pablísimo en As Torres e na Biblioteca "Manuel María".
Actividade dirixida ao alumnado de Educación Infantil e Primaria dos Centros Públicos do Concello de Oleiros."Príncipas e Princesos": relatos a favor da Igualdade con Pablísimo.
Xoves 6 de marzo - Teatro "As Torres" de Santa Cruz.
- 10,20 h.- 2º Primaria A, B e C do CEIP Luis Seoane.
- 12,00 h. - Educación Infantil (3 anos) A e B do CEIP Luis Seoane.
Venres 7 de marzo - Biblioteca "Manuel María" de Oleiros.
- 10,15 h. - 2º Primaria A e B do CEIP A Rabadeira.
- 11,30 h. - 2º Primaria C do CEIP A Rabadeira.
Tertulia literaria en Rialeda: 5 de marzo (Grupo A)
Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)Hora: 17,30 a 19,30 h.
Comentario de "El proyecto esposa" de Graeme Simsion
Documentación
Obras de Graeme Simsion nas nosas bibliotecas.
A seguinte obra programada é "El tren pasa primero" de Elena Poniatowska.
3/3/14
De que te vas disfrazar?
Unha socia das bibliotecas enviounos esta fermosa fotografía da súa filla disfrazada de Max, o protagonista da obra Onde viven os monstros. Un disfrace orixinal e totalmente distinto.
Como tampouco nos queremos esquecer da promoción da lectura (a nosa principal función) queremos aproveitar esta imaxe para recomendar a lectura deste magnífico libro:
Onde viven os monstros escrito e ilustrado por Maurice Sendak.
Excelente obra considerada, hoxe en día, un clásico da literatura infantil que nos presenta os temores, inseguridades e os desexos da infancia.
Max é un neno que se disfrazou de lobo e comezou a facer trasnadas pola casa adiante, polo que súa nai o mandou para a cama sen cear. Esa mesma noite, xurdiu na súa habitación un bosque e un océano cun barco para el só, no que marchou navegando ata chegar ao lugar onde viven os monstros...
Neste libro o autor preséntanos a un neno que fai trasnadas, con medos e inseguridades como todos os nenos e nenas, cunhas espléndidas ilustracións de Maurice Sendak, un autor referente da literatura infantil universal, galardoado co Premio Hans Christian Andersen de ilustración polo conxunto da súa obra en 1970 e o Premio Internacional de Literatura Infantil en Memoria de Astrid Lindgren en 2003.
Tamén dispoñible en español baixo o título Donde viven los monstruos publicado polas editoriais Alfaguara e Altea. Ademais temos a película.
Esta obra recibiu varios premios, entre os que destacamos a Medalla Caldecott, o Boston Globe-Horn Book Award.
Recomendámola para nenas e nenos a partir de 6 anos.
Publicado por
Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais do Concello de Oleiros
en
12:10
No hay comentarios:
Etiquetas:
Entroido
28/2/14
Recomendacións en Radioleiros: 28 de febreiro
"Un paseo polo parque" de Anthony Browne, en Kalandraka.
As familias Ferreiro e Ferrín coinciden no parque paseando os seus cans. Unha historia sobre os niveis de relación entre animais, nenos-as e adultos-as. De interese pedagóxico e estético pola calidade das ilustracións.
- Mozos-as e adultos-as:
"La mujer que vivió un año en la cama" de Sue Townsend, editado por Espasa.
O día que os seus fillos marchan á universidade, Eva, decide meterse na cama. Isto pasa a ser o plan diario que serve para reflexionar sobre o seu home adúltero, o feito de traballar na casa e a vida familiar actual. Humor inglés disparatado durante catrocentas páxinas que inducen a rir e pensar.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
27/2/14
X sempre Paco
O mestre de Alxeciras, renovador da guitarra flamenca e pioneiro na súa fusión con outros estilos, ten o seu pequeno espazo no 2º andar da Biblioteca Central Rialeda. Unha pequena mostra que serve de pequeno homenaxe ao seu xenio, máis presente que nunca e simplemente inesquecible.
- Antología, de Paco de Lucía (CD)
- Antología, de Camarón de la Isla (con Paco de Lucía) (CD)
- Cositas buenas, de Paco de Lucía (CD)
- Carmen, de Carlos Saura, con música de Paco de Lucía (DVD)
- Flamenco para niños (CD)
- Pasión, grace and fire, con Al Di Meola, Paco de Lucía y John McLaughlin (CD)
- Zyryab, de Paco de Lucía (CD)
26/2/14
27 de febreiro: "Viaxe a París" con Trinke Trinke en Santa Cruz
N' As Torres de Santa Cruz teremos o pracer de coñecer a Lilí Gruyère, a máis grande artista de todos os tempos de Lonxedetodo: ven de regresar de París, cidade da luz e do amor. Despois de amosarnos algúns dos números artísticos cos que trunfou nos mellores cabarets e teatros, imos descubrir que Lilí......ven namorada!
A Compañía Trinke Trinke vai poñer en escena esta espectáculo titulado "Viaxe a París" o xoves 27 de febreiro para alumnos-as do CEIP Luís Seoane de Mera, en dúas sesións: Ás 10:20 H Educación Infantil 5 anos A + B e ás 12:00 H Educación Infantil 4 anos A + B.
25/2/14
Tertulia literaria en Rialeda: 26 de febreiro (Grupo B)
Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)Hora: 17,30 a 19,30 h.
Comentario de "La noche de los tiempos" de Antonio Muñoz Molina
Documentación
Obras de Antonio Muñoz Molina nas nosas bibliotecas.
A seguinte obra programada é "Dos arquivos do trasno" de Rafael Dieste.
26 de febreiro: "Contos terribles" con Pablísimo en Oleiros
Na Biblioteca Municipal Manuel María de Oleiros haberá contos terribles, terroríficos, espantosos e horripilantes... contos de monstros, dragóns, lobos... unha sesión de risa para quitar o medo de enriba! Espectáculo de contacontos, lendas e tradicións populares con monicreques, láminas e obxectos, a cargo do contacontos Pablísimo, para alumnos-as do CEIP Rabadeira:
26 de febreiro, ás 10:15 H, 4º A + B de Educación Primaria; ás 11:30 H, 4º C+ D de Educación Primaria.
24/2/14
Tertulia literaria en Santa Cruz: 25 de febreiro (cambio de data)
Hora: 18,30 a 20 h.
Comentario da obra "Así nacen as baleas" de Anxos Sumai.
Obras de Anxos Sumai nas nosas bibliotecas.
A seguinte obra programada é "Crematorio" de Rafael Chirbes.
Obras de Anxos Sumai nas nosas bibliotecas.
A seguinte obra programada é "Crematorio" de Rafael Chirbes.
Importante: a sesión - inicialmente programada para o luns 24 - pasa excepcionalmente ao martes 25 no horario habitual para evitar a súa coincidencia co Concerto de Uxía no Teatro As Torres (Día de Rosalía de Castro).
Pregamos desculpen as molestias.
24 de febreiro: Uxía canta a Rosalía de Castro, nas Torres de Santa Cruz
Teatro "As Torres" de Santa Cruz
Luns 24 de febreiro ás 18,30 h.
Aforo limitado.
O proxecto "Rosalía pequeniña" é asimesmo un libro disco editado por Galaxia que mestura poemas de Rosalía de Castro, ilustracións de Marina Seoane e mais a voz de Uxía. No disco atópanse colaboracións como as de Sés, Isaac Palacín, Habelas Hainas ou Magín Blanco, e con Sergio Tannus a cargo da gravación e da
dirección musical.
Luns 24 de febreiro ás 18,30 h.
Aforo limitado.
En conmemoración do Día de Rosalía de Castro, achégasenos Uxía a presentar o concerto "Rosalía pequeniña" especialmente dirixido ao público infantil e familiar.
O proxecto "Rosalía pequeniña" é asimesmo un libro disco editado por Galaxia que mestura poemas de Rosalía de Castro, ilustracións de Marina Seoane e mais a voz de Uxía. No disco atópanse colaboracións como as de Sés, Isaac Palacín, Habelas Hainas ou Magín Blanco, e con Sergio Tannus a cargo da gravación e da
dirección musical.
Consulta a dispoñibilidade de "Rosalía pequeniña" nas nosas bibliotecas municipais.
Día de Rosalía: 24 de febreiro, Rosalía é mundial!
As Bibliotecas Municipais de Oleiros celebramos o 24 de febreiro, Día de Rosalía. A proposta da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) coallou entre asociacións culturais, veciñais, institucións, centros de ensinanza, bibliotecas, etc. e o 24 de febreiro está recollido oficialmente como Día de Rosalía de Castro pola Consellería de Cultura e Educación no seu Calendario do Libro e da Lectura.
Na Biblioteca Central Rialeda ofrecemos a exposición bibliográfica dunha escolma da obra rosaliana dos nosos fondos. Durante a tarde deste 24 de febreiro agasallaremos cunha obra de poesía para adultos-as a aquelas persoas (adultos-as) que leven algún libro en préstamo.
Recomendamos a visita ao web da Fundación Rosalía de Castro de onde tomamos prestado o poema “Adiós ríos, adiós fontes", traducido a varios idiomas así como animamos a participar na proposta #euRosalía. Na Biblioteca Central Rialeda xa o fixemos: agradecemos a colaboración do contacontos Pablísimo para o foto que publicamos en @bibloleiros
Rosalía é Mundial!

24, 25 e 27 de febreiro: "Contos con ovos" con Pablísimo en Rialeda
A Biblioteca Central Rialeda celebra un contacontos moi moi redondiño... ou máis ben
ovalado, onde os protagonistas son os ovos... e o que sae deles!
Espectáculo de narración oral, adiviñas, xogos de palabras, obxectos e
bonecos a cargo de Pablísimo dirixido ao alumnado de Educación Infantil de 3, 4 e 5 anos do CEIP Valle-Inclán, na sala infantil e xuvenil de Rialeda:
24 de febreiro, ás 12:00 H, Educación Infantil 3 anos C
25 de febreiro, ás 10:15 H, Educación Infantil 5 anos A + C; ás 12:00 H Educación Infantil 5 anos B + 4 anos C
27 de febreiro, ás 10:15 H, Educación Infantil 4 anos A + B; ás 12:00 H Educación Infantil 3 anos A + B

22/2/14
Hora do conto: de 24 a 28 de febreiro
Luns 24 de febreiro
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULOS: “As estrambóticas viaxes de Gulliver”, “Demo de dente!”
Biblioteca Pública Municipal "Manuel María". Oleiros
Martes 25 de febreiro
CONTACONTOS: Raquel Queizás
TÍTULOS: “Orellas de coello”, “O amigo do pequeno tiranosauro”
Biblioteca Pública Municipal "Rosalía de Castro". Santa Cruz
Mércores 26 de febreiro
CONTACONTOS: Pavís-Pavós
TÍTULOS: “A bruxa regañadentes”, “O neno no saco”, “Os dous chepudos”, “Persecución feroz”
Biblioteca Central "Rialeda". Perillo
Xoves 27 de febreiro
Para nenos-as de 1 a 4 anos:
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULOS: “Bebecontos”
Para nenos-as de 5 a 10 anos:
CONTACONTOS: Rato Camifuco de Trinke Trinke Teatro
TÍTULOS: “Problemas”: “O esquío medroso”, “¡Non deixes que a pomba conduza o autobús!”
Biblioteca Pública Municipal "Mª José Trincado". Mera
Venres 28 de febreiro
CONTACONTOS: Caxoto
TÍTULOS: “Unha imaxe rota en mil palabras”: “Conto nun segundo”, “O pozo dos desexos”
(Lembramos que os títulos programados poden sufrir variacións en función do público asistente. A sesión para nenos-as de 1 a 4 anos se realizará ás 17:00, e as demáis ás 18:30)

21/2/14
Recomendacións en Radioleiros: 21 de febreiro
Doña Eremita sobre ruedas, escrito e ilustrado por Quentin Blake
Ekaré
Divertido conto no que o autor nos fala da simpática e estrafalaria Dona Eremita, unha señora maior á que lle gusta moito andar en bicicleta e para mellorar os servizos que lle presta a súa bici, vaille instalando diferentes accesorios, sempre acompañada do seu fiel can Mambrú.
Unha obra chea de humor que fará as delicias das nenas e os nenos que a lean, cunhas graciosas ilustracións que van mostrando todos os detalles.
- Para moz@s e adult@s:
Ardalén, escrito e ilustrado por Miguelanxo Prado
El Patito Editorial
Ardalén é unha obra moi fermosa, cunhas magníficas ilustracións e un texto poético. Unha historia sobre os recordos, as lembranzas, na que se nos di que somos o que recordamos, pero a memoria non é un rexistro obxectivo e inalterable. O propio autor definiu este libro como unha historia sobre a memoria persoal, con influencia do realismo máxico.
O título, Ardalén, significa aire do máis aló, un vento do suroeste que sopra desde o mar cara a terra nas costas atlánticas europeas e que segundo as crenzas populares orixínase nas costas americanas.
A protagonista, Sabela, unha muller que acaba de separarse e de perder o traballo, no intento de
A protagonista, Sabela, unha muller que acaba de separarse e de perder o traballo, no intento de
adaptarse á nova situación, desexa reconstruír a historia de seu avó: un home que marchou para Cuba e que súa avoa intentou borrar das súas vidas, convencida de que aló formara outra familia. A súa pista son unas cartas que lle falan dun amigo que andou embarcado e estivo en Cuba. Decide ir ao lugar onde residía. Alí a única persoa que lle pode proporcionar esa información é Fidel, pero xa non se atopa ben. Os seus recordos van e veñen, incluso a veces non é capaz de diferenciar cales son recordos e cales imaxinacións. A través dos seus encontros vaise construíndo a historia, pero tamén imos coñecendo o mundo interior de Fidel.
Cando lle concederon o Premio Nacional o xurado destacou o seu carácter poético e a mestría técnica no uso das cores. Dixo que é una obra que mestura a realidade co soño, a memoria e o esquecemento.
En toda ela podemos admirar as espléndidas ilustracións con preciosas paisaxes outonais galegas, pero tamén uns personaxes cuns rostros moi expresivos.
Recibiu o Premio Nacional de Cómic no ano 2013 e o Premio do Salón do Cómic de Barcelona, que tamén lle dedicou unha exposición onde se puido ver o seu proceso creativo.
Un libro de gran beleza que temos nas bibliotecas, que poden levar en préstamo para as súas casas, co que van gozar dobremente: lendo os textos e contemplando as ilustracións.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)