28/2/14

Recomendacións en Radioleiros: 28 de febreiro

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/comunicacion/radio/podcast/todo-esta-nos-libros
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=109729http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=105444- Infantil (nenos-as menores de 6 anos):
"Un paseo polo parque" de Anthony Browne, en Kalandraka.
As familias Ferreiro e Ferrín coinciden no parque paseando os seus cans. Unha historia sobre os niveis de relación entre animais, nenos-as e adultos-as. De interese pedagóxico e estético pola calidade das ilustracións.

 
- Mozos-as e adultos-as:
"La mujer que vivió un año en la cama" de Sue Townsend, editado por Espasa.
O día que os seus fillos marchan á universidade, Eva, decide meterse na cama. Isto pasa a ser o plan diario que serve para reflexionar sobre o seu home adúltero, o feito de traballar na casa e a vida familiar actual. Humor inglés disparatado durante catrocentas páxinas que inducen a rir e pensar. 

 
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario