As Bibliotecas Municipais de Oleiros celebramos o 24 de febreiro, Día de Rosalía. A proposta da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) coallou entre asociacións culturais, veciñais, institucións, centros de ensinanza, bibliotecas, etc. e o 24 de febreiro está recollido oficialmente como Día de Rosalía de Castro pola Consellería de Cultura e Educación no seu Calendario do Libro e da Lectura.
Na Biblioteca Central Rialeda ofrecemos a exposición bibliográfica dunha escolma da obra rosaliana dos nosos fondos. Durante a tarde deste 24 de febreiro agasallaremos cunha obra de poesía para adultos-as a aquelas persoas (adultos-as) que leven algún libro en préstamo.
Recomendamos a visita ao web da Fundación Rosalía de Castro de onde tomamos prestado o poema “Adiós ríos, adiós fontes", traducido a varios idiomas así como animamos a participar na proposta #euRosalía. Na Biblioteca Central Rialeda xa o fixemos: agradecemos a colaboración do contacontos Pablísimo para o foto que publicamos en @bibloleiros
Rosalía é Mundial!

No hay comentarios:
Publicar un comentario