- Infantil (de 6 a 8 anos):
Doña Eremita sobre ruedas, escrito e ilustrado por Quentin Blake
Ekaré
Divertido conto no que o autor nos fala da simpática e estrafalaria Dona Eremita, unha señora maior á que lle gusta moito andar en bicicleta e para mellorar os servizos que lle presta a súa bici, vaille instalando diferentes accesorios, sempre acompañada do seu fiel can Mambrú.
Doña Eremita sobre ruedas, escrito e ilustrado por Quentin Blake
Ekaré
Divertido conto no que o autor nos fala da simpática e estrafalaria Dona Eremita, unha señora maior á que lle gusta moito andar en bicicleta e para mellorar os servizos que lle presta a súa bici, vaille instalando diferentes accesorios, sempre acompañada do seu fiel can Mambrú.
Unha obra chea de humor que fará as delicias das nenas e os nenos que a lean, cunhas graciosas ilustracións que van mostrando todos os detalles.
- Para moz@s e adult@s:
Ardalén, escrito e ilustrado por Miguelanxo Prado
El Patito Editorial
Ardalén é unha obra moi fermosa, cunhas magníficas ilustracións e un texto poético. Unha historia sobre os recordos, as lembranzas, na que se nos di que somos o que recordamos, pero a memoria non é un rexistro obxectivo e inalterable. O propio autor definiu este libro como unha historia sobre a memoria persoal, con influencia do realismo máxico.
O título, Ardalén, significa aire do máis aló, un vento do suroeste que sopra desde o mar cara a terra nas costas atlánticas europeas e que segundo as crenzas populares orixínase nas costas americanas.
A protagonista, Sabela, unha muller que acaba de separarse e de perder o traballo, no intento de
A protagonista, Sabela, unha muller que acaba de separarse e de perder o traballo, no intento de
adaptarse á nova situación, desexa reconstruír a historia de seu avó: un home que marchou para Cuba e que súa avoa intentou borrar das súas vidas, convencida de que aló formara outra familia. A súa pista son unas cartas que lle falan dun amigo que andou embarcado e estivo en Cuba. Decide ir ao lugar onde residía. Alí a única persoa que lle pode proporcionar esa información é Fidel, pero xa non se atopa ben. Os seus recordos van e veñen, incluso a veces non é capaz de diferenciar cales son recordos e cales imaxinacións. A través dos seus encontros vaise construíndo a historia, pero tamén imos coñecendo o mundo interior de Fidel.
Cando lle concederon o Premio Nacional o xurado destacou o seu carácter poético e a mestría técnica no uso das cores. Dixo que é una obra que mestura a realidade co soño, a memoria e o esquecemento.
En toda ela podemos admirar as espléndidas ilustracións con preciosas paisaxes outonais galegas, pero tamén uns personaxes cuns rostros moi expresivos.
Recibiu o Premio Nacional de Cómic no ano 2013 e o Premio do Salón do Cómic de Barcelona, que tamén lle dedicou unha exposición onde se puido ver o seu proceso creativo.
Un libro de gran beleza que temos nas bibliotecas, que poden levar en préstamo para as súas casas, co que van gozar dobremente: lendo os textos e contemplando as ilustracións.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario