- Infantil (desde 8 anos):
O autor é un xardiñeiro de
palabras, nun xardín cheo de poemas que
cambian coas estacións do ano. O poemario de Xoán Neira ten como finalidade
falar sobre a importancia da natureza, do ecoloxismo e da diversidade porque os
protagonistas dos textos son as árbores, os paxaros, as estacións e os
fenómenos meteorolóxicos, ademáis de achegar a poesía aos-ás máis pequenos-as da casa.
- Mozos-as e adultos-as:
"Claus y Lucas" de
Agota Kristof, editado por El Aleph.
Kristof escribíu este libro en
tres partes como historias independentes, a primeira parte co
título de "El gran cuaderno", a segunda co título de "La
prueba" e a última, "La tercera mentira", pero en España editouse como unha soa
obra baixo o título de "Claus y Lucas". A pesar de que foron escritos para ser lidos
independentemente, recomendamos que a súa lectura se faga en orde. A primeira
curiosidade deste libro radica no título: os dous nomes teñen as mesmas letras
en distinta orde. Narra a historia de dous irmáns
xemelgos durante a Segunda Guerra Mundial, aos que súa nai deixa coa avoa a
quen non coñecen, nunha pequena cidade fronteiriza da que apenas se sabe nada.
Recomendacións feitas no programa
semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido
en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.