11/2/14

Manuel Rivas e "O raposo e a mestra" en Oleiros: 12 de febreiro

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/2013/12/recomendacions-en-radioleiros-20-de.html
O mércores 12 de febreiro, no auditorio A Fábrica (Santa Cristina – Oleiros), Manuel Rivas manterá dous encontros literarios con alumnado de 3º e  4º curso de ensinanza primaria dos centros de ensino público de Oleiros. Nesta actividade arredor da súa obra “O raposo e a mestra” estará acompañado de Cé Orquestra Pantasma.
 
Ás 9:30 horas participarán 148 alumnos/as e 7 profesores/as do CEIP Rabadeira de Oleiros.
Ás 11:30 horas participarán 100 alumnos/as e 8 profesores/as do CEIP Isidro Parga Pondal de Santa Cruz e 57 alumnos/as e 3 profesores/as do CEIP Luis Seoane de Mera.
 
"O raposo e a mestra"  é unha fermosa e simpática obra escrita por Manuel Rivas, con ilustracións de Jacobo Fernández Serrano e publicada pola editorial Xerais que nos fala dun raposo solitario chamado Pindo, que durmía todo o día nun leito de plumas, na súa cova da beiramar e soñaba que era un raposo voador...
Magnífica lectura e excelente obra que achega os nenos e nenas á natureza, ao mesmo tempo que é unha homenaxe ao Monte Pindo e tamén ás mestras e mestres.
Estes actos están organizados polas Bibliotecas Municipais de Oleiros e a editorial Xerais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario