Completamos as exposicións
adicadas ao centenario da publicación de "Platero y yo" de Juan Ramón Jiménez, con
"Burriños e outras mascotas", composta por unha selección de contos,
narracións e algún poemario nos que os animais de compañía (os habituais e os non
tanto) son protagonistas: como non, hai burriños, cans e gatos, mais tamén
elefantes, ratiños, cabalos, pingüíns e ata dinosauros. Temos libros para catro
tramos de idade, dos 3 aos 12 anos.
É unha escolma de títulos que temos en Rialeda: hai máis e están aquí á túa
disposición. Xa que falamos de animais que conviven connosco, queremos propoñerche que achegues o teu "bichiño" de compañía a Rialeda, iso
si, EN FOTO!, para formar parte da nosa Galería de Mascotas. Necesitamos unha
foto na que apareza a túa mascota, nun tamaño non superior a 7x7. Se queres
escaneámola na biblioteca ou podes enviala a biblioteca.rialeda@oleiros.org
asunto "Burriños e outras mascotas", indícanos como se chama. Xa temos as dalgúns famosos-as escritores-as!!!. Os-as máis pequenos-as que veñan a Rialeda poderán
"reinterpretar" o burriño pintado por Marc Ghagall en 1991. Queremos
os asniños máis coloridos para a Galería de Burriños.
As historias de animais
esperan por ti!
No hay comentarios:
Publicar un comentario